Aprobada a reforma da Lei de Tráfico con 20 alteracións significativas

A reforma da Lei de Tráfico, que hoxe aprobou definitivamente o Congreso, inclúe importantes novidades de materia de seguridade viaria e abre a porta a outras que se incluirán no futuro Regulamento de Circulación, que previsiblemente entrará en vigor en xuño.

Os cambios nas normas de circulación incumben principalmente a ciclistas, altera os límites de velocidade ou establece novas normas para os pasaxeiros en idade infantil.

Entre estas medidas destaca a obrigación do uso do casco en cidade a ciclistas menores de 16 anos, o incremento a 130 km/h como velocidade máxima permitida para autoestradas e autovías ou o uso de detectores de radar ou cinemómetros.

Estas son as vinte novidades máis importantes, que entrarán en vigor nun mes, fóra da modificación dos límites de velocidade e as medidas relativas aos sistemas de retención infantil, que o farán cando se aprobe o Regulamento:


CICLISTAS


1.- Os menores de 16 anos terán que levar casco de bici cando circulen por cidade. Este elemento é obrigatorio na estrada para todas as idades.

2.- As bicicletas non poderán ser inmobilizadas, aínda que o seu condutor sexa multado por algunha infracción que, no caso dos vehículos a motor, levaría esa inmovilización.

3.- Permítese aos ciclistas circular por baixo dos límites mínimos de velocidade.


VELOCIDADE

4.- A reforma da Lei abre a porta ao incremento ata os 130 quilómetros por hora do límite máximo en determinados tramos de autovías e autoestradas e a reducir en 10 km/h a velocidade máxima nas estradas secundarias, así como á creación de zonas 20 e 30 nas cidades. Non entrará en vigor ata que se aprobe o Regulamento.

5.- Prohíbense os detectores de radar ou de cinemómetros. O seu uso será multado con 200 euros e a detracción de 3 puntos do carné. (Os inhibidores xa están prohibidos e multados con 6.000 euros e 6 puntos).


NENOS

6.- Substitúese o peso e a idade pola tallaxe á agora de obrigar a utilizar os sistemas de retención infantil (SRI), que serán preceptivos para os menores que midan ata 1,35 metros. En calquera caso, non poderán viaxar nos asentos dianteiros aínda que utilicen un SRI, salvo que todos os traseiros estean ocupados por outros menores.

7.- Poderase inmobilizar o vehículo se non se fai uso do dispositivo de retención infantil.


ALCOL E DROGAS

8.- Prohíbese conducir con presenza de drogas ilegais no organismo, fóra das que se utilicen por prescrición facultativa e cunha finalidade terapéutica (por exemplo metadona). Conducir baixo os seus efectos será multado con 1.000 euros.

9.- Mantense a multa de 500 euros para o consumo de alcol, aínda que será de 1.000 se a taxa duplica o máximo permitido ou en caso de reincidencia nun ano.


INFRACCIÓNS NOVAS

10.- Realizar obras na vía sen comunicación previa á autorización previa á autoridade responsable da xestión do tráfico.

11.- Caída da carga dun vehículo na vía, creando grave perigo para o resto de usuarios.

12.- Causar danos á infraestrutura da vía ou alteracións á circulación debidos á masa e dimensións do vehículo.


ANIMAIS

13.- Nos accidentes de tráfico ocasionados por atropelo a especies cinexéticas será responsable dos danos o condutor do vehículo, sen que poida reclamarse polo valor dos animais.

O titular da vía só será responsable se non reparou o cerramento ou non sinalizou que existen animais soltos.


ESTRANXEIROS

14.- Obrígase a matricular definitivamente en España aos vehículos que se utilicen en territorio nacional por residentes estranxeiros ou por titulares de establecementos.

15.- Establécese o procedemento para o intercambio transfronteirizo de información sobre infraccións de tráfico cando se cometan cun vehículo matriculado nun estado da UE noutro país distinto. En definitiva, facilítase o acceso aos rexistros


OUTROS



16.- Aumentan a 20 días os prazos para presentar alegacións e para pagar de forma voluntaria as multas, que ata agora é de 15 días.

17.- Permítese non parar e identificar ao infractor cando o axente denunciante atópese realizando labores de vixilancia e control do tráfico e careza de medios para proceder á persecución do vehículo.

18.- Recóllese a posibilidade de restrinxir o acceso ou a circulación polas vías a determinados vehículo por motivos ambientais.

19.- Os guindastres que acudan a realizar un servizo de auxilio na estrada teñen prioridade de paso.

20.- Créase a Conferencia Sectorial de Tráfico e modifícase o Consello Superior de Tráfico para, entre outras cousas, introducir novos membros, como as asociacións de vítimas.

Comentarios