Dani Alves e Pedrosa saen da lista de morosos, Kiko Matamoros entra

Os clubs de baloncesto Estudantes e Joventut tamén saldaron as súas débedas
Dani Alves
photo_camera Dani Alves

O xogador brasileiro Dani Alves, o piloto Dani Pedrosa e os clubs de baloncesto Estudantes e Joventut de Badalona saíron da lista de morosos co fisco publicada este venres pola Axencia Tributaria (AEAT).

Do mundo do fútbol mantéñense o exfutbolista arxentino do Barcelona Gabi Milito (1,8 millóns) ou o expresidente do Real Madrid Lorenzo Sanz (1,3 millóns), ademais de equipos de fútbol como o Recreativo de Huelva (12,5 millóns), o Real Murcia (10,8 millóns), o Elche Club de Fútbol (10,5 millóns) ou o Racing de Santander (9,2 millóns).

ENTRAN NA LISTA. A empresa Unipost, o Club Deportivo Castellón e o representante e colaborador televisivo Kiko Matamoros atópanse entre as novidades da terceira lista de morosos co fisco publicada pola Axencia Tributaria.

Unipost aparece cunha débeda de 5,4 millóns de euros, en tanto que o club de fútbol do Castellón debe 1,3 millóns e Kiko Matamoros 1 millón. Tamén aparecen a empresa Caramelo (1,6 millóns), Unipapel (1,5 millóns), Reig Martí (1,08 millóns).

Así mesmo, entrou na listado Seguridade Integral Canaria, cunha débeda de 2,9 millóns, cuxo propietario é o presidente do club de fútbol da Unión Deportiva Las Palmas, Miguel Ángel Ramírez.

Comentarios