Alonso contéstalle ao PP: ''O Estado das autonomías hai que melloralo, non acabar con el''

"Melloralo, non acabar con el". Con estas palabras criticou José Antonio Alonso, voceiro do PSOE no Congreso dos Deputados, as mensaxes lanzadas nos últimos días por dous representes da oposición, Mariano Rajoy e José María Aznar, sobre o Estado das autonomías e a eventual reforma que os dous populares defenden.

"Esta configuración do Estado, con tal grao de debilidade, debe ser reformada en gasto e en ordenación, porque España non dá para ter 17 organismos, 17 administracións que fan as mesmas cousas. Non podemos soster este Estado tal e como está configurado. España é un Estado politicamente non viable e financieramente, inviable. Alguén ten que porlle o axóuxere ao gato do sistema e será o PP", dixo Aznar nun encontro de Populares en el Exterior.

Na súa resposta, durante unha entrevista concedida á televisión pública española, Alonso arremeteu contra as "mensaxes confusas" lanzados desde as filas do PP, e pediulles que aclaren se poñen en cuestión o modelo autonómico. "O señor Aznar entrou neste debate dun xeito confuso e Rajoy seguiulle dun xeito máis confuso aínda", dixo. Nunha comparación da situación da economía española coa doutros países da Unión Europea, o portavoz do PSOE na Cámara Baixa sinalou que foi a división autonómica a que permitiu que o Estado "non medre a dúas e tres velocidades, senón equilibradamente, en relación á renda e ás prestacións".

No entanto, o socialistas incidiu en que o que si que hai que abordar é a necesidade de aforrar e de cumprir os compromisos de déficit "como país, non como comunidades". Deste xeito, asegurou que "Zapatero leva razón" cando di que o conxunto das administracións teñen que someter a determinados requirimentos de disciplina fiscal e de gasto.

Comentarios