Alertan da presenza de avellana non declarada en canas de chocolate feitas en España

Están afectados todos os lotes que foron distribuídos nas comunidades de Murcia, Castela-A Mancha, Valencia e Andalucía

canas_chocolate
photo_camera Imaxe do produto no que se detectaron avellanas sen declarar. AECOSAN

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan) alertou este xoves da presenza de avellanas sen declarar nun produto de triángulos de follado con chocolate da marca Abiarjo, que poderían ocasionar algún risco para a saúde aos alérxicos a este ingrediente.

Esta alerta amplía a que a Aesan emitiu o 3 de maio por presenza de avellanas sen declarar en canas de chocolate da mesma marca, e que xa se procederon a retirar do mercado.

Imaxe do produto no que se detectaron avellanas sen declarar.
Imaxe do produto no que se detectaron avellanas sen declarar. AECOSAN

No caso dos triángulos de follado con chocolate, están afectados todos os lotes, que foron distribuídos nas comunidades autónomas de Murcia, Castela-A Mancha, Valencia e Andalucía, aínda que a autoridade sanitaria non descarta que poidan existir redistribucións a outras comunidades autónomas.

Procedeuse a retirar os lotes do mercado e, como medida de precaución, a Aesan recomenda ás persoas alérxicas ás avellanas que teñan este produto que se absteñan de consumilo. Para o resto da poboación o seu consumo non contempla ningún risco.

Comentarios