A agresión a Rajoy e outros momentos nos que a seguridade dos mandatarios estivo comprometida

O de Carrero Blanco foi o último magnicidio consumado en España ► Aznar foi vítima de varios atentados frustrados

A detención de Manuel Murillo por planear o asasinato de Pedro Sánchez é un dos varios magnicidios frustrados da historia recente de España. 

En 1995, José María Aznar, cando era líder da oposición, sufriu un atentado de Eta cando saía do seu domicilio para dirixirse a Xénova, 13. Explotaron dúas bombas pero saíu ileso. Seis anos máis tarde, a banda terrorista intentou derrubar cun mísil o avión en que o viaxaba o entón presidente do Goberno, pero o artefacto non funcionou.

O último magnicidio que frutificou foi o de Luís Carrero Blanco, presidente do Goberno na ditadura franquista. Eta tamén estivo detrás deste atentado cometido en decembro de 1973.

A outra escala atópase a agresión que sufriu Mariano Rajoy en decembro de 2016 en Pontevedra, a cidade onde creceu. Ese vídeo, filmado por un redactor de Diario de Pontevedra, deu entón a volta ao mundo. 

Comentarios