Absolven o detido polos disturbios de Can Vies ao que o xuíz enviara a prisión incondicional

O titular do xulgado do penal número 28 de Barcelona absolveu a Sergi R., que permaneceu máis de vinte días en prisión preventiva tras ser detido pola Garda Urbana acusado de queimar colectores nas protestas contra o desaloxo de Can Vies.

Na súa sentenza, o xuíz resolve absolvelo, ao dar credibilidade ao relato dun veciño que estivo a conversar con Sergi R. ata instantes antes da súa detención e que, na súa declaración como testemuña, contradixo a versión policial e negou que o mozo participase na queima de colectores.

A Fiscalía pedía unha pena de case cinco anos de prisión por danos e desordes públicas para Segi R., o único dos máis de 70 detidos polos incidentes de Can Vies para quen o xuíz instrutor decretou prisión incondicional.

Comentarios