Siete condenas y diez absoluciones

A Fiscalía valora pedir prisión inmediata para Iñaki Urdangarin

A filla do rei Juan Carlos deberá pagar unha multa de 265.000 euros ►A sentenza da Audiencia de Palma tamén dita 8 anos e seis meses de cárcere para Diego Torres e 3 anos e once meses para Jaume Matas ►O fiscal Horrach pide o ingreso inmediato en prisión para Urdangarin e o seu exsocio
Iñaki Urdangarín y la infanta Cristina
photo_camera Iñaki Urdangarín y la infanta Cristina

A Audiencia Provincial de Palma fixo pública este venres a sentenza do caso Nóos. A infanta Cristina foi condenada finalmente a unha multa de 265.000 euros en concepto de responsabilidade civil a título lucrativo e Iñaki Urdangarin a 6 anos e medio de cárcere. Pola súa banda, Diego Torres foi condenado a 8 anos e seis meses de cárcere e Jaume Matas, outro dos 17 procesados no xuízo, con 3 anos e once meses.

Urdangarin foi condenado por enriquecerse con fondos públicos a través da trama corrupta de contratación con administracións que organizou ao redor da asociación sen ánimo de lucro Instituto Nóos, mentres que a infanta Cristina foi absolta da acusación de colaborar en dous delitos fiscais do seu marido.

Ademais o socio de Iñaki Urdangarin, Diego Torres, foi condenado a 8 anos e medio de prisión por cinco delitos de corrupción cometidos como corresponsable do Instituto Nóos. é a pena máis alta das fixadas na sentenza do caso.

A condena de 3 anos e 8 meses de Jaume Matas vai unida á de 7 anos de inhabilitación por un delito continuado de prevaricación en concurso medial con falsidade e malversación.

CÁRCEL. A fiscal Anticorrupción de Baleares, Pedro Horrach, xa pediu unha vista de medidas cautelares para Iñaki Urdangarin e Diego Torres tras a súa condena a 6 anos e 3 meses e a 8 anos e 6 meses de prisión, respectivamente. 

A fiscal Anticorrupción, Pedro Horrach, terá que decidir "de forma inmediata" se pide o ingreso inmediato en prisión de Urdangarin e Torres

Segúndo indico, valora pedir que ingresen inmediatamente en prisión sen ter que esperar a que se resolvan os recursos dos seus defensas ante o Supremo, para o que dispoñen dun prazo de cinco días.



DEFENSA. O letrado Pascual Vives indicou na previa que aínda non sabe se vai recorrer a sentenza, porque a ten que estudar e analizar, pero recordou que a lei lle permite facelo.

No entanto, lamentou que mentres as tres maxistradas, Samantha Romeu, Eleonor Moyà e Rocío Martín, que integran o tribunal da Audiencia de Palma que axuizou o caso Nóos tiveron oito meses para redactar a sentenza, as partes só terán cinco días hábiles para poder anunciar un recurso de casación e só dous días se detectan un erro material no fallo. "Os prazos son moi curtos", queixouse.

ABSOLTOS. O exvicealcalde de Valencia Afonso Grau e aos outros tres acusados da rama valenciana da causa, incluído o exsecretario de Turismo da Comunidade Valenciana Luís Lobón foron absoltos pola Audiencia de Palma.

O exvicealcalde de Valencia Afonso Grau e aos outros tres acusados da rama valenciana da causa, incluído o exsecretario de Turismo da Comunidade Valenciana Luís Lobón foron absoltos

O tribunal absolve así mesmo a José Manuel Aguilar, exdirector da Cidade das Artes e as Ciencias de Valencia (CACSA); a Jorge Vela, tamén exdirector de CACSA, e a que responsable xurídica desta entidade, Elisa Maldonado.

O Instituto Nóos percibiu 3,5 millóns de entidades valencianas por organiza a tres Valencia Summit e polo proxecto dos Xogos Europeos.

Grau estaba acusado dos presuntos delitos de prevaricación administrativa, malversación, fraude á administración e tráfico de influencias en relación coa contratación do instituto Nóos a través da Fundación Turismo de Valencia Convention Bureau (FTVCB), que el presidía, e enfrontábase unha petición de condena de 11 anos de cárcere.

A exconselleira delegada de Madrid 2016 Mercedes Coghen tamén foi absolta.

O fallo do Caso Nóos chega seis anos e medio despois de que o xuíz José Castro comezase a investigar a presunta trama urdida para beneficiar con fondos públicos a entidades creadas por Urdangarin e a súa exsocio, Diego Torres, que percibiron 6,1 millóns de euros de varias administracións públicas, así como o suposto plan posterior para defraudar a Facenda.

Comentarios