O 61,7% dos españois non ve unha prioridade exhumar a Franco

A maior parte dos enquisados, un 50,2%, considera que o Valle de los Caídos debería quedar como está

El Valle de los Caídos. MARISCAL (EFE)
photo_camera O Val dos Caídos MARISCAL

O 61,7% dos españois non ve unha prioridade exhumar os restos de Francisco Franco do Valle de los Caídos fronte ao 31,8% que considera que si o é.

Nunha enquisa de NCReport que este domingo publica o diario La Razón, o 38,3% dos preguntados maniféstase a favor da exhumación, o 23,4% afirma que lle é indiferente e o 37,7% móstrase en contra.

A maior parte dos enquisados, un 50,2%, considera que o Valle de los Caídos debería quedar como está, un 23,6% que se debería facer un memorial da Guerra Civil e un 21,6% demoleríao, mentres que tamén un 50,2% opina que a decisión se debería acordar coa familia, ante un 41,3% que declara o contrario.

O 60,2% considera que medidas como a aprobada o venres polo Executivo dividen á sociedade española. Fronte a estes, un 33,35% nega que a divida.

Un 77,4 % dos votantes do PP apoia que ese partido vote en contra da exhumación do cadáver de Franco. Un 11,3% afirma que debería absterse e un 4,4 % votar a favor.

Comentarios