Os cinco deputados de Podemos rompen con Sumar e pásanse ao Grupo Mixto

Compartirán espazo co BNG, Coalición Canaria e UPN
La ministra de Derechos Sociales y Agenda 2030, Ione Belarra. SERGIO PÉREZ (EFE)
photo_camera Ione Belarra, secretaria general de Podemos. SERGIO PÉREZ (EFE)

A dirección de Podemos decidiu abandonar o grupo parlamentario de Sumar no Congreso e que os seus deputados se pasen ao Grupo Mixto xunto co BNG, Coalición Canaria e UPN, segundo anunciou o coportavoz do partido, Javier Sánchez Serna.

Son cinco os deputados de Podemos, elixidos nas listas de Sumar, e entre eles está a secretaria xeral do partido e exministra, Ione Belarra; a responsable de Organización, Lilith Vertsrynge, e o propio Javier Sánchez Serna.

Os desencontros con Sumar arrincan coa composición de listas, das que se excluíu a Irene Montero, e agraváronse logo de perder a súa presenza no novo Goberno de coalición, coa saída de Irene Montero e Ione Belarra acusando a Pedro Sánchez e Yolanda Díaz de botalas.

Comentarios