O Chantada cae no penúltimo partido ante o Antela pero segue clasificado para o grupo novo

Na Consolación, só puido puntuar o Monforte, que empatou coa Purísima B no último partido de Liga, xa que a próxima sesión, a do derbi Calasancio B-Quiroga, ten descanso

GRUPO A1

O Chantada, que xogará o ano que vén na nova categoría xuvenil, saíu derrotado cun axustado 2-3 contra o Antela.

Malia que foi este primeiro o que abriu o marcador ao comezo da segunda parte, o rival colleu folgos e deulle a volta ao marcador con tres tantos seguidos. O local meteu un no 73', porén, o partido xa estaba visto para sentenza.

Consulta a clasificación aquí

CHANTADA 2 - 3 ANTELA

SD Chantada: Adrián, Iago, Álvaro, Pau, Brais, Martín, Daniel, Nicolás, David, Álex e Hugo. Tamén xogaron Abel, Carlos, Mateo, Arman e Jonathan.
Antela FC: Diego, Hugo P, David R, Raúl, Pablo, Hugo D, Lucas, Izan, Breogán, David F e Fabián. Tamén xogaron Amine, Alexandre, Felipe, Cristian e Hugo M.
Goles: Nicolás e David polos locais. Alexandre, Hugo P e Izan polos visitantes.
Árbitro: Pablo Lamelas Belmonte.

Resultados xornada 13

Chantada 2 3 Antela
A Purísima 2 3 Velle
UD Ourense B 5 1 Ourense CF B
Barbadás 4 1 Santa Teresiña

Próxima xornada 

Velle - - Chantada
Ourense CF B - - A Purísima
Santa Teresiña - - UD Ourense B
Antela - - Barbadás

 

GRUPO B2 

O Monforte, que se mantén no segundo lugar, rematou en táboas (3-3) o duelo coa Purísima B e tamén a súa participación na Liga regular, xa que a próxima fin de semana ten descanso.

A acción do xogo concentrouse no segundo tempo. O rival, que xa levaba un tanto sumado da primeira parte, marco outro e o equipo monfortino tamén respondeu con dous seguidos. Foi na conclusión (90') cando o local meteu o gol do empate. 

Continuando na táboa, o Quiroga, situado na quinta posición, descansou esta xornada. No sexto lugar atópase o Calasancio B, que caeu ante o Blanco Amor cun resultado de 5-3.

O local adiantouse na primeira parte, e, á volta do descanso, o visitante intentou facerse oco cun gol ao comezo. A segunda parte estivo máis pelexada, pero unha vantaxe de goles do Blanco Amor, un deles no asubío final, o proclamaba vencedor do duelo.

Consulta a clasificación aquí

BLANCO AMOR 5 - 3 CALASANCIO B

EDO Blanco Amor: Anxo, David, Manuel, Adrián M, Luis, Marcos, Daniel, Imrane, Alberto, Mohamed e Jesús. Tamén xogaron Miguel, Caled, Francisco, Adrián S e Xabier.
CP Calasancio B: Lois, Javier D, Issame, Nevin, Sergio, Iván, Alejandro, Javier G, Mateo, Mohamed e Hugo. Tamén xogaron Manuel, Oliver e Martiño.
Goles: Imrane, 3 de Jesús e Xabier polos locais. Iván, Mateo e Manuel polos visitantes.
Árbitro: Uxía Boimorto Blanco.

MONFORTE 3 - 3 A PURÍSIMA B

CF Monforte: Pablo, Valentín, Daniel, Óscar, Cristian, Adrián, Hugo, Iván, Héctor, Lois e Henry. Tamén xogaron Manuel, César, Alejandro, Ángel e Darío.
CD A Purísima B: Simón, Hugo H, Rubén S, Iván, Yago G, Juan, Adrián, Mauro, Roi, Roberto e Hugo T. Tamén xogaron Yago F, Luis, Rubén P, Ángel e Wilker.
Goles: Iván e 2 de Hugo polos locais. Roberto e 2 de Luis polos visitantes.
Árbitro: Adrián Rodríguez Pacio.

Resultados xornada 13

Blanco Amor 5 3 Calasancio B
Maceda 5 2 Vilamartín
Monforte 3 3 A Purísima B
  D Quiroga

Próxima xornada 

Calasancio B - - Quiroga
Vilamartín - - Blanco Amor
A Purísima B - - Maceda
  D Monforte