A polo último partido

O Páramo e o Casás disputarán a próxima fin de semana a final do Torneo Delegación

Torneo Delegación

A Terceira xa ten os seus finalistas para facerse co Torneo Delegación, que terá a última proba a fin de semana que vén. O primeiro en coñecerse foi o Cásas, que venceu 3-0 ao Rubián marcando todos os goles nos intres finais. Adoeceu a primeira parte non só de tantos, senón tamén de ocasións, co equipo amarelo liderando a posesión de balón e o Rubián tendo só unha clara no primeiro tempo. Ao comezo da segunda parte apertaron os visitantes pero foi o Casás o que levou despois as rendas do partido, aínda que esperou aos últimos dez minutos para anotar, Sami nun un contra un, Alberto H desde a frontal e Pablo nun balón ao espazo.

O segundo clasificado foi O Páramo, que derrotou ao Barreiros por 4-0. Malia o resultado, o partido estivo igualado na primeira parte, aínda que sería o local o que abriría o marcador por medio do capitán. Xusto antes do descanso O Páramo volveu ofrecer unha mostra da súa pegada con dous goles seguidos, de Juan e Héctor. Na segunda parte relaxaron, pero aínda marcaron o cuarto.

Tamén se disputaron o sábado os dous partidos pendentes da fase de grupos do torneo, pero o resultado non afectaba aos campións de grupo. Así, no duelo entre Friol B e Comercial B houbo reparto de puntos deixando ao local como mellor situado na táboa. Foi o visitante o primeiro en marcar, segundos antes da pausa, e empatou o local cinco minutos despois.

No grupo 3 quedaba o partido entre o Chantada Atlético B e o Relámpago Taboada, que rematou con vitoria dos locais por 2-1. Igualdade no marcador na primeira parte, que rompeu ao inicio da segunda o anfitrión. Empatou rápido o visitante grazas a un penalti e a 8 minutos do final entrou o gol da vitoria. Deste modo, os chantadinos quedan segundos no grupo.

Fase final Torneo

O PÁRAMO 4 - 0 BARREIROS

SD O Páramo: Marcos, Miguel, Héctor, José, Jonatan, Juan, Borja, Daniel, Julio, Hugo e Antonio. Tamén xogaron Álvaro, Diego e Javier.
Celta Barreiros: René, Miguel A, David, Anxo, Miguel Y, Nicolás, Hugo, Brais, Roi, Antón e Javier. Tamén xogaron Miguel C, Alejandro, Jaime, Marcos e Lucas.
Goles: Borja, Juan, Héctor e José.
Árbitro: Jorge Miguel Lois Rodríguez.
 

CASÁS 3 - 0 RUBIÁN

Club Polideportivo Casás: Raúl, Roberto, Alberto H, Alberto G, Alberto S, Sami, Brais P, Sergio, Brais M, Kevin e Brayan. Tamén xogaron José, Martín, David e Pablo.
SD Rubián: David, Luis, Lucas, Javier, Antonio, José Manuel, Brian, Javier, Iván, Manuel e Daniel. Tamén xogaron Diego, Miguel, Alejandro, Alan e Iago.
Gol: Sami, Alberto H e Pablo.
Árbitro: Óscar Lobato Ramudo.

Resultados Semifinal

O Páramo 4 0 Barreiros
Casás 3 0 Rubián

Final

O Páramo - - Casás

Fase de Grupos

GRUPO 2

Consulta a clasificación aquí

FRIOL B 1 - 1 COMERCIAL B

Friol CF B: Mateo, Ramón, Sacha, Adrián, Óscar S, Unai, Marcos T, Lucas, Marcos V, Juan e Samuel. Tamén xogaron Óscar F, David e Pablo.
SG Comecial B: David, Francisco, Mohamed, Aarón M, Jorge, Jaouad, Aarón G, Antón, Adrián, José e Nicolás. Tamén xogaron Houssame, Manuel, Cristian e Akram.
Goles: David polos locais e Nicolás polos visitantes.
Árbitro: Adrián Estraviz Cerdeira.

Resultados xornada 6

Friol B 1 1 Comercial B
  D Casás

GRUPO 3

Consulta a clasificación aquí

 

CHANTADA ATL. B 2 - 1 RELÁMPAGO

Club Chantada Atlético B: Carlos, Juan, Hugo, David, Iago, Bryan, Ariel, David, Miguel, Ismael e Alejandro. Tamén xogaron Marco, Ángel, Pablo e Marcos.
Relámpago Taboada: Chejluali, Víctor, Isaac, David M, Iván, Cristian, Hugo, Rubén, Raúl, Brian e Jorge. Tamén xogaron David G e Martín.
Goles: Miguel e Ángel polos locais. David M de penalti polos visitantes.
Árbitro: Paula Vázquez Díaz.

Resultados xornada 6

Chantada Atl. B 2 1 Relámpago
  D O Páramo