Derrotas na cabeza

O Oural caeu co San Lázaro pola mínima e o Becerreá foi goleado polo Chantada B

Tanto o Oural como o Becerreá, que encabezan a clasificación da Segunda Sur, quedaron sen puntos esta fin de semana. O equipo de Sarria caeu ante o San Lázaro, que segue cuarto e que salvou a xornada pola mínima. Na primeira parte, os locais estiveron mellor, souberon atacar polas bandas e sumaron o gol, nun tiro ao primeiro pau. O visitante, que segue líder malia a derrota, intentouno todo, pero non deu coa tecla.

A segunda parte foi parecida. O Oural tiña máis o balón, pero co San Lázaro metido atrás cun gol no peto, non conseguiu chegar e tivo que marchar para casa sen puntos. Os tres do San Lázaro o aseguran na cuarta praza da xeral.

O Becerreá, pola súa conta, sufriu unha ampla goleada por parte dun dos de abaixo, o Chantada B, que deu unha lección de seriedade xerando perigo desde o inicio. Entraron os vermellos moi ben polas bandas e o porteiro local tamén parou moito. Antes do descanso, cando o equipo ía 3-0, houbo un penalti a favor do Becerreá que fallou e, a continuación, meteron o cuarto os locais. A partir dese momento non houbo máis duelo.

O que si gañou foi o Brollón, cun 0-2 ante o Lemos B, que segue desplomándose na clasificación. Os locais traballaron ben en equipo e aos da Pobra custoulles moito marcar e non o fixeron ata o final, con tantos de Nicolás e Ismael.

O Antas, pola súa banda, deixa a zona de play off para que entre o Friol, que goleou ao Carballedo, xa que os da Ulloa perderon pola mínima ante o Ferreira. Un gol de Iván xa no tempo de desconto foi o responsable de inclinar a balanza para o equipo de Pantón.

Xa na parte media da táboa, o San Roque venceu a un Incio asfixiado polas baixas por 4-1. Fixeron os dous unha boa primeira parte moi igualada e sen ocasións, pero na segunda a chegada do primeiro gol local, un centro pola banda esquerda que rematan sós na área pequena, provocou que o Incio se viñera abaixo e lles deixara facer o seu xogo ata avultar o marcador, aínda que fixo tamén un gol.

O Spórting Lucense sumou un punto máis logo do empate co Quiroga (3-3). Dous erros defensivos dos locais foron aproveitados polo visitante para poñerse por diante cedo, aínda que o local empatou xusto antes do intermedio. O SP estivo moi ben plantado no campo e acabou marcando de novo na segunda cun golazo. Remataron con dous xogadores menos, un por cada equipo, por lesión e por expulsión, pero o Quiroga acabou marcando o tanto que necesitaba para seguir sumando.

Tamén empataron no medio da táboa o Palas e o Paradela, nun partido sen goles e moi igualado, no que houbo un par de ocasións para cada un. Na segunda parte foi superior o Palas pero non logrou marcar cunha gran actuación de José Ángel, o porteiro visitante.

Consulta a clasificación aquí

SAN ROQUE 4 - 1 O INCIO

SDC San Roque: Giyak, Nicolás, Raúl, Emilio, Alejandro H, Elián, Álex, Rubén, Manuel, Anxo e Lucas. Tamén xogaron Luca, Alejandro F, Adam, Adán e Carlos.
O Incio Terra Brava CF: Emilio, Xosé, Marcos, David, Manuel C, Raúl, Óscar, Miguel, Eduardo, Fabián e Michael. Tamén xogaron Abel, Pedro e Manuel L. 
Goles: 2 de Alejandro H, Manuel e Adam polos locais. Manuel L polos visitantes.
Árbitro: Joel Rois Rodríguez.

LEMOS B 0 - 2 BROLLÓN 

Club Lemos B: Saúl, Carlos, Martín, Gabriel, Samuel, Iago, Álex, Jairo, Mohamed, Alejandro e César. Tamén xogaron José Miguel, Brais, Mario, Ulises e Ismael.
CD Brollón: César V, Iván, Óscar, David, Miguel, Samuel, Ismael, Nicolás, Damián, César D e Adrián. Tamén xogaron Pablo, Iago, Alberto e Francisco.
Goles: Nicolás e Ismael polos visitantes.
Árbitro: José Luis Fraga Torres.

SAN LÁZARO 1 - 0 OURAL

SD San Lázaro: Borja, Diego, Juan, Gabriel, Adrián, Carlos, José, Luis, Iván, Ilyasse e Samuel. Tamén xogaron David, Mariano e Christian.
SD Oural: Julián, Marcos, Monir, Iván, Diego A, Diego Porral, Mario, Jorge, Diego D, Alejandro e Manuel. Tamén xogaron Javier, Diego Pandiscia e José.
Gol: Samuel polos locais.
Árbitro: Soufiane Belhelba.

CARBALLEDO 1 - 6 FRIOL

Carballedo CF: Víctor, Brais D, Adrián, Roberto, Ramón, Antonio, Miguel, José Luis, Elías, Martín e Álex. Tamén xogaron Manuel, Brais C e Bruno.
Friol CF: Brais L, Marcos, Miguel F, Brais B, José, Miguel P, Diego, Bruno, Daniel, Roberto e Isaac. Tamén xogaron Adrián G, Óscar, Rubén, Adrián P e José Manuel.
Goles: Ramón polos locais. 3 de Daniel, Miguel F, Diego e Adrián G polos visitantes.
Árbitro: Yhosep Alejandro Jorge Lagos.

PALAS 0 - 0 PARADELA

Palas CD: Mateo, Adrián V, Marcos, Julio, Samuel V, Julián, Samuel C, Álvaro, Noel, Adrián M e Martín. Tamén xogaron Lucas, Brais, Ignacio, Javier e Adrián L.
SD Paradela: Ángel, Esteban, Carlos, Hugo, Raúl, Diego, David, Adrián R, Juan, José e Efrén. Tamén xogaron Alejandro, Adrián A, Andrés e Luis.
Árbitro: Fernando Fernández López.

QUIROGA 3 - 3 SP LUCENSE

Quiroga FC: Marcos, Álex M, Brian, Manuel A, Iván, Adrián, Ignacio, Javier, David, Leonardo e Sergio. Tamén xogaron Iago, Manuel R, Álex G, Carlos e Erik.
Spórting Lucense: Jean, Jesús C, Jesús P, Daniel, Yago, Noel, Cristian, Kevin, Zoumana, Miguel e Roi. Tamén xogou Mujib.
Goles: 2 de Sergio e Manuel R polos locais. Daniel, Cristian e Yago polos visitantes.
Árbitro: José Adrián Rodríguez Expósito.

FERREIRA 1 - 0 ANTAS

Ferreira CF: Álex, César, Carlos, Edgar, Rafael, Jorge, Abderazzak, Daniel, Adrián E, Jorge e Diego. Tamén xogaron Luis, Iván e Adrián G.
SD Antas: Jesús, Félix, José C, Martín, Luís, Pablo, Xurxo, Marcos, José A, José Ángel e Iván. Tamén xogaron Nicolás, Juan e Sergio.
Goles: Iván no minuto 92.
Árbitro: Iván Prado López.

CHANTADA B 6 - 0 BECERREÁ

SD Chantada B: Manuel, Iñaki, Aitor, Cristian, Pablo N, Diego, Antón, Pablo M, Pablo F, José e Celso. Tamén xogaron Martín, Efrén, Ramón, Alejandro L e Alejandro M.
SD Becerreá: Daniel, Héctor, Christian, Iago, Alejandro, Miguel, José, Álvaro, Javier, Higinio e Jesús. Tamén xogaron Kevin, Damián, Albino e David.
Goles: Cristian, 2 de Celso e 3 de Pablo N polos locais.
Árbitro: David Rodríguez López.

Resultados xornada 26

San Roque 4 1 O Incio
Lemos B 0 2 Brollón
San Lázaro 1 0 Oural
Carballedo 1 6 Friol
Palas 0 0 Paradela
Quiroga 3 3 SP Lucense
Ferreira 1 0 Antas
Chantada B 6 0 Becerreá
Próxima xornada
Becerreá - - San Roque
O Incio - - Lemos B
Brollón - - San Lázaro
Oural - - Carballedo
Friol - - Palas
Paradela - - Quiroga
SP Lucense - - Ferreira
Antas - - Chantada B