O Friol desprazou ao Lemos B do liderado da táboa nesta segunda xornada de competición, na que só tres equipos dobraron vitoria e se manteñen no máis alto.
Os de Friol venceron cun cómodo 4-1 ao Spórting Lucense, un resultado que se avultou no tramo final xa que no descanso estaban 1-0. O visitante rematou cun menos por dobre amarela xa no desconto.
O Ferreira tamén se levou a vitoria nesta sesión, na que o rival foi o Incio. 1-3 foi o resultado final tras unha primeira parte na que o equipo de Pantón xa estaba por riba grazas a un penalti para facer o 1-2.
Final tenso no Carboeiro, con varias tarxetas e unha expulsión no equipo visitante que, aínda así, marcou o gol que aseguraba a vitoria a 8 minutos do final.
Nova vitoria para o Palas, que superou a sesión cun único gol ao Lemos B, primeiro líder da tempada, xa pasado o ecuador do partido. Vermella para o porteiro local por protestar.
O Oural superou o empate da pasada sesión cunha vitoria ante o Antas, que se achega a postos de descenso. Os sarriaos venceron 3-0 a un rival que perdeu a un xogador por vermella directa tras un cartón amarelo. Tamén foi expulsado Eloy Buján como delegado do equipo visitante por protestar. Estas decisións arbitrais non afectaron ao marcador, que non se moveu desde o minuto 60.
O Paradela pasou máis apuros pero tamén venceu nesta segunda sesión, polo que tampouco coñece a derrota. Levouse os tres puntos ante o Becerreá na casa logo de rematar 0-0 no descanso. Abriu a conta xusto á volta de vestiarios despois de empatar o Becerreá, firmou o gol da vitoria a dous mintuos do final Adrián Regueiro.
A goleada da xornada foi para o San Lázaro, que marcou 7 tantos ao Carballedo, un deles de penalti, aos que se sumaron outros dous do visitante en propia porta. O local ampliou a conta xa na primeira metade, que rematou 5-1.
O San Roque tamén se levou os tres puntos con tres goles ante o Quiroga, o último deles xa no tramo final e de penalti. Unha pequena tangana entre ambos acabou cunha expulsión para cada un.
Finalmente, en táboas remataron o Brollón e o Chantada B (1-1), os dous goles antes da pausa, o que lles deixa na zona morna da clasificación.
PARADELA 2 - 1 BECERREÁ
SD Becerreá: Alejandro L, Hector, Christian, David R, José A, Miguel, Damián, Xairo, Kevin, Javier e Jesús J. Tamén xogaron David F, Albino María, Alejandro B, Borja e Higinio.
Goles: 1-0 (48'): Andrés. 1-1 (75'): Damián. 2-1 (88'): Adrián.
Árbitro: Marco Antonio Fernández Vázquez.
FRIOL 4 - 1 SP LUCENSE
Spórting Lucense: Pablo, Yago, Daniel, Adán, Sergio, Kevin, Zoumana, Lourival, Diego, David e Roi. Tamén xogaron Yago, Brian e Raúl.
Goles: Daniel (25' e 55'), Marcos (74') e Diego (77') polo local e Yago (70') polo visitante.
Árbitro: Abdelouadoud Boutzakate Babil.
OURAL 3 - 0 ANTAS
SD Antas: Kevin, Alejandro, José Ángel, Iván, José C, Luís, Xurxo, Marcos, José A, Álex e Rafael. Tamén xogaron Martín R, Sergio e Martín V.
Goles: 1-0 (25'): Diego D. 2-0 (55'): Mario Fernando. 3-0 (60'): José María.
Árbitro: Yhosep Alejandro M. Jorge Lagos.
BROLLÓN 1 - 1 CHANTADA B
SD Chantada B: Adrián, Jonathan, Martín, Cristian, Diego, Efrén, Alejandro L, Alejandro M, Antón, Íker e Aitor Xosé. Tamén xogaron José Luis, Artai, David e José Raúl.
Goles: 1-0 (33'): Alberto A. 1-1 (44'): Antón.
Árbitro: Emiliano Fabián Lameiro García.
INCIO 1 - 3 FERREIRA
Ferreira CF: Adrián, César, David, Carlos, Edgar, Rafel, Jorge, Adrián R, Adrián P, Marcos e Iván. Tamén xogaron Abderazzak. Daniel e Juan Luis.
Goles: 0-1 (20'): Iván. 1-1 (25'): Samuel. 1-2 (33'): Rafael de penalti. 1-3 (82'): Jorge.
Árbitro: Iván Prado López.
SAN ROQUE 3 - 0 QUIROGA
Quiroga FC: Marcos, Manuel, Álex M, Luis Manuel, Manuel, Brian, Ignacio, Adrián, Javier, Iván e Sergio. Tamén xogaron Manuel L, Álex G e Carlos.
Goles: Manuel (23' e 84' de penalti) e Rubén (58').
Árbitro: Brais Rosende Cancela.
LEMOS B 0 - 1 PALAS
Palas CD: Javier, Marcos, Julio, Samuel Vázquez, Martín, Julián, Lucas, Álvaro, Brais, Adrián e Martín. Tamén xogaron Samuel Varela, Rodrigo, Xesús, Adrián e Mateo.
Goles: Samuel Varela no 58'.
Árbitro: Joel Rois Rodríguez.
SAN LÁZARO 9 - 1 CARBALLEDO
Carballedo CF: Víctor, Manuel, Darío, Diego, Roberto, Ramón, Javier, Daniel, Víctor, Álex F e Álex O. Tamén xogaron Antonio e Miguel.
Goles: Borja (2), Iván (2), Adrián de penalti, Luis e José polo local. Álex O polo visitante e 2 en propia porta.
Árbitro: José Luis Fraga Torres.
Paradela | 2 | 1 | Becerreá |
Friol | 4 | 1 | SP Lucense |
Oural | 3 | 0 | Antas |
Brollón | 1 | 1 | Chantada B |
O Incio | 1 | 3 | Ferreira |
San Roque | 3 | 0 | Quiroga |
Lemos B | 0 | 1 | Palas |
San Lázaro | 9 | 1 | Carballedo |
Paradela | - | - | Friol |
SP Lucense | - | - | Oural |
Antas | - | - | Brollón |
Chantada B | - | - | O Incio |
Ferreira | - | - | San Roque |
Quiroga | - | - | Lemos B |
Palas | - | - | San Lázaro |
Becerreá | - | - | Caraballedo |