San Ciprián e Vilalbés B irán á final dos play off do norte

O equipo verdivermello gañou ao Folgueiro por 4-3 e o outro ao Iberia pola mínima. Ámbolos dous gañaran na ida tamén

Este domingo disputáronse a volta dos catro partidos de play off, dous no norte e dous no sur. No primeiro grupo seguindo a liña dos partidos de ida, clasificáronse o San Ciprián e o Vilalbés B.

No derbi da Mariña, o visitante tiña camiño andado (3-0 na ida) e foi claro ao facerse coa vitoria tamén na volta, aínda que nesta ocasión pola mínima. Duelo moi condicionado pola sesión da semana pasada. O Iberia intentouno durante os primeiros 20 minutos tendo o balón pero sen xerar moito perigo. Despois do gol visitante, desde fóra da área nun córner, baixaron a intensidade. Xa na segunda parte tiveron un arreón tendo algunha ocasión clara e varios centros laterais, deixando descoidada a defensa, algo que o visitante non soubo aproveitar para aumentar a fenda. 

No segundo partido, o Vilalbés B fíxose coa vitoria por 4-3, asegurando o pase á final, que comezara a xestarse no partido de ida, no que venceu por 0-2. O Folgueiro remontou nos primeiros minutos os dous goles de desvantaxe da ida pero unha xogada dubidosa de fóra de xogo propiciou o gol do Vilalbés B. Na segunda parte o Folgueiro buscou ese gol que empatara a eliminatoria de novo pero o rival aproveitou dúas contras para empatar e poñerse por diante.

IBERIA 0 - 1 SAN CIPRIÁN

Iberia CF: Alonso, Mario, Jorge P, Borja, Marcos, Bachir, Daniel, Samuel, Adrián R, Adrián G e Ángel. Tamén xogaron Jorge F, Miguel e Jonatan.
CD San Ciprián: Javier, Daniel, Deonildo, Rodrigo, Claudemir, Giobanne, Joao, Aitor, Borja, Antón e Hugo. Tamén xogaron Adilson, Bruno e Miguel.
Goles: Hugo polos visitantes.
Árbitro: Carlos Casás Herrero.

VILALBÉS B 4 - 3 FOLGUEIRO

Rácing Club Vilalbés B: Pedro, Alejandro, Hugo Xavier, David, Anxo, Carlos, Gabri, Álex, Rego, Hugo López e Miguel Rivas. Tamén xogaron David G, Samuel, Adrián, Hugo Blanco e Eduardo.
UD Folgueiro: Javi, Barri, Sergi, Oki, Ángel, Isma, Pedro, Aure, Pagua, Zeus e Erni. Tamén xogaron Álvaro, Kiños, Iago e Lalas,
Goles: Hugo López e Gabri (3) polos locais. Aure (2) e Lalas polos visitantes.
Árbitro: Fernando Fernández López.

Semifinal ida

San Ciprián 3 0 Iberia
Folgueiro 0 2 Vilalbés B

Semifinal volta

Iberia 0 1 San Ciprián
Vilalbés B 4 3 Folgueiro