Resultados pola mínima

Así remataron con vitoria o Iberia, o Pastoricense, o Muimenta e a Comercial

O Pastoricense volveu gañar esta fin de semana e fíxoo de novo pola mínima. Nesta ocasión foi ante o Folgueiro, que porén mantén o seu posto dentro do grupo de play off.

A calor foi a gran protagonista da sesión, disputada na tarde do sábado, e o local foi claramente superior ao visitante xerando ocasións ao contraataque que puideron facer máis amplo o marcador. Entrou o único tanto do partido a 11 minutos do inicio por medio de Manuel. O Folgueiro, pola súa conta, dispuxo tamén dalgunha oportunidade de marcar a base de arreóns.

Na segunda praza, o Iberia sumou os tres puntos na difícil cancha do Abadín cun gol no tramo final do partido, obra de Daniel, de córner, para manterse na loita pola primeira praza. O xogo foi dominando polos mariñaos, pero resistiuse o gol despois de numerosas oportunidades.

No Vilalbés B-Xermade, tardaron en abrir a caixa dos goles, de feito rematou a primeira parte 0-0. 

Foi o Vilalbés o que comezou marcando con tres goles en nove minutos, que ofrecían un resultado fácil para os locais pero o Xermade logrou achegarse con dous tantos tamén seguidos. Ao final, o equipo de Vilalba soubo protexerse para evitar as táboas.

Outro dos enfrontamentos do sábado foi a vitoria do Candelaria sobre o Roupar por 2-0. O equipo visitante, que se mantén pechando a lista, buscou ter o dominio do balón, pero sin lograr facelo en profundidade, mentres o local buscaba os espazos que ían deixando para crear ocasións. 

O primeiro gol vén dun saque de banda a favor, onde Pablo puxo o centro e rematou Azael. Na segunda parte mantívose o guión. Destacou o man a man de Pablo co porteiro rival pero este parou ben. Finalmente, nun centro de Rafa, meteu o segundo gol de novo Azael.

O equipo de Cervo adianta na táboa tamén ao Cospeito, que non disputou o duelo previsto co Pontenova, que foi suspendido por una débeda arbitral, que lle implica puntos de sanción máis a suma dunha derrota, que se incluirá na clasificación a semana que vén.

Na parte media destacou o empate de Cabreiros e Alfoz, cun gol para cada equipo. Un partido moi regular e un pouco raro no que marcou o equipo mariñao, que foi mellor os primeiros 45 minutos, tras un despexe fallido da defensa local. Dispuxo doutras ocasións que non entraron na primeira parte e na segunda intentaron remontar os locais e así chegou o gol de Joan froito de varios rebotes. O duelo parouse un rato por unha lesión dun xogador local, que foi atendido no propio lugar por outro do Alfoz.

Tamén a Comercial adiantou ao Cospeito na táboa, logo de vencer pola mínima ao Mondoñedo, que se mantén fóra do descanso  polo golaverage. Enfrontamento bastante intenso, con dominio de balón local pero ao que lle custou facer gol. De feito o único do partido foi un penalti, bastante rigoroso. Tamén foron moi protestadas dúas expulsións, unha para cada equipo. O Mondoñedo tamén tivo oportunidades e coa saída de Israel, a Comercial estivo moi pechada no seu campo.

Consulta a clasificación aquí

PASTORICENSE 1 - 0 FOLGUEIRO

UD Pastoricense: Carlos, Diego G, Iago, Martín, Manuel, Adrián S, Eduardo, Iván, Daniel Iago e Diego L. Tamén xogaron Cristian, Raúl, Adrián L e Brais.
UD Folgueiro: Javier, Óscar, Álvaro, Sergi, Pedro, Zeus, David, Ismael, Alejandro, Ángel e Manuel E. Tamén xogaron Juan Antonio, Ángel, Aurelio e Jonathan.
Gol: Manuel no minuto 11.
Árbitro: José Luis López Rodríguez.

CABREIROS 1 - 1 ALFOZ

SDC Cabreiros: Andrés, Sergio D, David, Francisco, Cristian, José M, Joan, Sergio H, José G, Mohamed e Said. Tamén xogaron Manuel, Sergio C, Jordano e Mateo,
CD Alfoz: Jacobo, Rubén, Ángel, Javier S, Pablo P, Juan, Miguel, David, Julián I, José María e Pablo G. Tamén xogaron Alexis, Julián D e Javier C.
Goles: Joan polos locais. Javier S polos visitantes.
Árbitro: Vicente Castro Rico.

COMERCIAL 1 - 0 MONDOÑEDO 

SG Comercial: Antón, Arturo, Julio, Carlos, Javier D, Manuel, Cristian, Javier B, Francisco, Álvaro e Juan. Tamén xogaron José Antonio, Martín, Jorge, Yeray e Carlos.
Mondoñedo Ciudad: Adrián, Christian, Diego G, Jacobo, Javier, Manuel V, Diego Romay, Iván, Ignacio, Ibán e Manuel N. Tamén xogaron Bruno, Óliver, David e Diego Rivas.
Gol: Juan no minuto 52 de penalti.
Árbitro: Carlos Casás Herrero.

SAN CIPRIÁN 0 - 1 MUIMENTA

CD San Ciprián: Javier, Deonildo, Daniel, Rodrigo, Claudemir, Adilson, Miguel, Hugo, Aleixo, Antón e Bruno. Tamén xogaron Samuel e Estevao.
CSD Muimenta: Javier A, Alejandro B, Daniel, Iago, Julio R, Jorge, Pablo, Alejandro D, Jesús, Jairo e Miguel. Tamén xogaron Miguel, Javier M, Julio J e Manuel.
Gol: Jesús polos visitantes.
Árbitro: Yago Amil Castro.

ABADÍN 0 - 1 IBERIA

Abadín CF: Rubén, Diego, Pedro, Noé, Vicente, Pablo, Noé, David, Antonio, Iago e José.
Iberia CF: Javier P, Marcos P, Carlos, Borja, Marcos R, Bachir, Miguel, Mario, Adrián R, Adrián G e Antón. Tamén xogaron Javier F, Daniel V, Jonatan, Jordane e Daniel P.
Gol: Daniel V polos locais.
Árbitro: Ángel Pérez Rodríguez.

VILALBÉS B  3 - 2 XERMADE

Rácing Club Vilalbés B: Pedro, Diego F, Brais, Hugo Xabier, Álex, Gabriel, Diego L, Alfredo, Miguel, Hugo L e Hugo B. Tamén xogaron Samuel, Alejandro, Anxo e Carlos.
ACD Xermade: Ángel, Estaban, Hugo, Oliverio, Francisco, Iván, Diego, Alberto, Andrés, Sergio e Pedro. Tamén xogaron Ayrton e Anxo.
Goles: Anxo, Samuel e Gabriel B polos locais. Pedro e Diego polos visitantes.
Árbitro: Jonathan Losada Menacho.

CANDELARIA 2 - 0 ROUPAR 

SD Candelaria: Jacobo, Jorge, Raúl, Semedo, Pablo, Daniel, Miguel, José Carlos, Rafael, Rui e Azael. Tamén xogou Simón.
SDC Roupar: Francisco, Alejandro R, Xosé, Sergio, Esteban, Fernando, Alejandro F, Miguel Ángel, Santiago, Diego e Marcos. Tamén xogaron Abdourahmane e Manuel.
Goles: Azael (2).
Árbitro: Virginio Polo Díaz.

Resultados xornada 26

Pastoricense 1 0 Folgueiro
Cabreiros 1 1 Alfoz
Comercial 1 0 Mondoñedo
Cospeito S Pontenova
San Ciprián 0 1 Muimenta
Abadín 0 1 Iberia
Vilalbés B 3 2 Xermade
Candelaria 2 0 Roupar
Próxima xornada
Roupar - - Pastoricense
Folgueiro - - Cabreiros
Alfoz - - Comercial
Mondoñedo - - Cospeito
Pontenova - - San Ciprián
Muimenta - - Abadín
Iberia - - Vilalbés B
Xermade - - Candelaria