Xornada de tránsito

Os cinco primeiros non defraudaron e o Pontenova achegouse logo dunha goleada

O Pastoricense mantivo a presión e con ela o liderado do grupo  encadeando unha nova vitoria (4-1), nesta ocasión ante o Cabreiros, situado na zona morna da táboa. Adrián Lorigados animou o duelo desde o minuto 1 cando marcou o primeiro tanto da sesión. Malia o susto inicial, o resultado mantívose durante 20 minutos. Daniel marcou o segundo e Alberto achegouse antes da pausa. Na segunda parte o local meteu unha marcha máis pero non logrou ampliar o resultado ata pasado o ecuador da segunda metade.

Pasou apuros o Vilalbés B para facerse coa vitoria visitando o campo do Pichón. Ao final contrarrestou con dous penaltis o gol co que se adiantou o Muimenta, o primeiro tres minutos despois de marcar, antes do intermedio. O segundo non entrou ata que faltaban 4 minutos para rematar.

O Iberia conseguiu manter a terceira praza unha vez que sumou a vitoria pola mínima contra o Candelaria. Varias protestas xusto no último minuto trouxeron a expulsión do adestrador local e dun xogador visitante.

Na cuarta posición continúa o San Ciprián, que foi claro ante o Mondoñedo, outro dos equipos da zona baixa. Venceron os visitantes malia rematar o primeiro tempo co gol dos mindonienses en contra. Xusto á volta empataron e non tardaron en poñerse por diante.

O Folgueiro mantense dentro da zona de privilexio logo dun 5-2 contundente ante a Comercial, que só logrou seis puntos nos últimos cinco partidos. Malia o resultado avultado, a primeira parte foi moi igualada, cos locais abrindo o marcador ata en dúas ocasións. Despois do 2-1 do descanso, o local logrou un segundo empate avanzado o segundo tempo e nos últimos 15 minutos o local ampliou o resultado. Destacou o traballo de Manuel González, que fixo un hat trick e marcou o último sobre o asubío.

Outros dos resultados avultados da sesión foi o do Pontenova-Abadín, no que os primeiros venceron con contundencia (5-1) despois de poñerse no intermedio cunha vantaxe de 3 goles.

O Xermade fíxose coa vitoria a domicilio ante o Roupar, no derbi local. Dous goles, un no tramo final de cada tempo, marcaron un resultado que mantén ao local non fondo da táboa mentres os veciños navegan polo medio.

Cae na táboa o Cospeito, que non puido pasar do empate sen goles co Alfoz

Consulta a clasificación aquí

  PASTORICENSE 4 - 1 CABREIROS

UD Pastoricense: Carlos, Iago A, Adrián L, Martín, Manuel, Adrián S, Iván, Borja, Raúl, Iago F e Diego L. Tamén xogaron Diego G, Eduardo, Cristian, Daniel e Brais. 
SDC Cabreiros: Paulino, Sergio, José M, Marcos, Mateo, Alberte, Brais, Andrés, Sergio, José G e Jordano.
Goles: Adrián L, Martín, Manuel e Daniel polo local. Alberte polo visitante.
Árbitro: Fernando Fernández López.

  FOLGUEIRO 5 - 2 COMERCIAL

UD Folgueiro: Jorge, Óscar P, Álvaro, Sergi, Erni, Marcos C, Pablo, Aarón, Ismael, Óscar D e Ángel. Tamén xogaron Marcos P, Iván, Aurelio e Óscar L. 
SG Comercial: Joshua, Martín, Jonathan, Christian, Carlos, José Antonio, Javier D, Cristian, Francisco, Javier B e Juan. Tamén xogaron Manuel, Álvaro, Julio e Brandan. 
Goles: Óscar P, 3 de Erni e Ángel polo local. Christian e Francisco polo visitante. 
Árbitro: David López Rodríguez.

ALFOZ 0 - 0 COSPEITO

CD Alfoz: Jacobo, Ángel, Ayoub, Javier, Julián D, Pablo P, Juan, David, Julián I, Alexis e Pablo G. Tamén xogaron José María, Walter, Augusto e Borja. 
CD Cospeito: Alberto, Álex, Diego, Xesús, Martín, José, Pablo, Francisco, Christian, Jesús e Raúl. Tamén xogaron Alejandro, David, Rui e José Carlos. 
Árbitro: Jesús Adán Gallego.

MONDOÑEDO 1 - 3 SAN CIPRIÁN

Mondoñedo Ciudad: Adrián, Christian, David, Iván, Denís, Manuel, Diego P, Javier, Antonio, Iban e Raúl. Tamén xogaron Juan, Alejandro, Diego B e Miguel. 
CD San Ciprián: Javier, Daniel, Deonildo, Rodrigo, Claudemir, Hugo, Miguel, Diego, Borja, Antón e Joao. Tamén xogaron Giobane, Bruno, Izan e Álvaro.
Goles: Manuel polo local. Antón, Joao e Bruno polo visitante.
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picón.

PONTENOVA 5 - 1 ABADÍN

SP Pontenova: Javier, Óscar, Francisco, Adrián, David, Rubén, Brayan, Marcos M, Ioan, Borja e Hugo. Tamén xogaron Marcos G, Ismael, Carlos, Álvaro e Iván.
Abadín CF: Iván C, Rubén, Ángel, Pedro, Rubén P, Noé I, Pablo, Noé G, Iván S, Alejandro e Iago. Tamén xogou Rubén V. 
Goles: Marcos M, 2 de Francisco, Ioan e Rubén polo local. Alejandro polo visitante.
Árbitro: Carlos Casás Herrero.

MUIMENTA 1 - 2 VILALBÉS B

CSD Muimenta: Javier N, Daniel, Iago, Julio J, Fran, Julio R, Miguel Ángel, Javier M, Jorge, Jairo e Miguel M. Tamén xogaron Francisco, Jesús, Rubén, Manuel e Alberto.
Rácing Club Vilalbés B: Pedro, Alejandro, Daniel, Anxo, Luis, Miguel, Samuel, Alfredo, Eduardo, Hugo X e Adrián. Tamén xogaron Hugo L, Hugo B, Christian, Diego e Carlos.
Goles: Miguel M polo local. Alfredo de penalti e Adrián de penalti polo visitante.
Árbitro: Joel Rois Rodríguez.

IBERIA 1 - 0 CANDELARIA

Iberia CF: Javier P, Miguel, Carlos G, Javier F, Marcos P, Bachir, Adrián, Samuel, Carlos M, Francisco e Ángel. Tamén xogaron Daniel, Jonatan, Lucas, Jordane e Marcos R.
SD Candelaria: Jacob, Lavilson, Jorge, Semedo, Pablo, Miguel, Anxo, José Carlos, Rui, Azael e Hugo. Tamén xogaron Simón e Roberto.
Goles: Francisco polo local.
Árbitro: Soufiane Belhelba.

ROUPAR 0 - 2 XERMADE

SDC Roupar: Amsa, Alejandro R, Carlos, Esteban, Fernando, Alejandro F, Santiago, Diego P, Diego S, Marco e Andrés. Tamén xogaron Xosé e Sergio. 
ACD Xermade: Juan, Esteban, Mario F, Francisco, Alfonso, Iván, Ayrton, Andrés, Sergio, Pedro e Mario B. Tamén xogaron Hugo, Alberto e Miguel.
Goles: Andrés e Hugo polo visitante. 
Árbitro: Borja Bran López.

 

Resultados xornada 13

Pastoricense 4 1 Cabreiros
Folgueiro 5 2 Comercial
Alfoz 0 0 Cospeito
Mondoñedo 1 3 San Ciprián
Pontenova 5 1 Abadín
Muimenta 1 2 Vilalbés B
Iberia 1 0 Candelaria
Roupar 0 2 Xermade
Próxima xornada
Roupar - - Cabreiros
Comercial - - Pastoricense
Cospeito - - Folgueiro
San Ciprián - - Alfoz
Abadín - - Mondoñedo
Vilalbés B - - Pontenova
Candelaria - - Muimenta
Xermade - - Iberia