O Chantada sae dos últimos postos, logo de vencer ao Ourense CF B cun axustado 2-1

Co mesmo resultado superou o Quiroga ao Vilamartín e, polo tanto, soben ata a terceira praza. O Monforte non foi quen de gañar ao líder e encaixou seis goles

LPX MONFORTE-QUIROGA6
photo_camera Imaxe de arquivo

GRUPO A1

Malia xogar contra un equipo que se situaba por enriba en posicións, cun axustado 2-1 venceu o Chantada ao Ourense CF B e, polo tanto, sobe ata a quinta posición na táboa, superando ao seu rival.

Os chantadinos puxeron o marcador de cara aos poucos minutos de comezar, cun gol de penalti, e no 23' meteron outro. Na segunda metade, o visitante marcou un tanto de penalti e, como non houbo máis movementos no marcador no resto do partido, o Chantada fíxose coa vitoria.

Consulta a clasificación aquí

CHANTADA 2 - 1 OURENSE CF B

SD Chantada: Adrián, Iago, Hugo, Álvaro, Pau, Brais, Martín, Daniel, Nicolás, Damián e Adán. Tamén xogaron Álex, Eloi, Mateo, Carlos e Armán.
Ourense CF B: Iker, Lucas, Gabriel T, Gabriel R, Johnny, Román, Iñaki, Samuel, Alejandro, Eugenio e Óscar. Tamén xogaron Yago, Pablo e Dayron.
Goles: Nicolás de penalti e Damián polos locais. Gabriel R polos visitantes.
Árbitro: Hugo Alcázar González.

Resultados xornada 8

UD Ourense B 5 1 Barbadás
A Purísima 2 1 Santa Teresiña
Chantada 2 1 Ourense CF B
Velle 0 3 Antela

Próxima xornada

Antela - - Ourense CF B
Barbadás - - A Purísima
Santa Teresiña - - Chantada
UD Ourense B - - Velle

GRUPO B2 

O Quiroga venceu cun axustado 2-1 ao Vilamartín nun partido no que abriron o marcador pasados os primeiros 15 minutos e, como non houbo máis goles, a primeira metade foi máis da cor do local. Á volta do descanso, o rival marcou un tanto, que respondeu deseguido o local o que os determinaba como os vencedores da xornada. 

Os de verde mudan ata a terceira praza, quitándolle o sitio ao Monforte que, pola contra, non tivo tanta sorte e encaixou seis goles, dous na primeira parte e o resto na segunda, do líder do grupo, o Maceda, fronte aos monfortinos, que non puideron golear ao seu favor en ningún momento. O Calasancio B descansaba esta semana e xogará a que vén contra o Vilamartín.

Consulta a clasificación aquí

QUIROGA 2 - 1 VILAMARTÍN

Quiroga FC: Gonzalo, Diego, Alejandro, Ignacio, David, Sergio, xOEL, bRAIS, Mario, Jesús e Erik. Tamén xogaron Laurentino, David, Antonio, Markus e Simón.
CD Corgomo Vilamartín: Isaias, Ruben, Nicolás, Martín, Sergio B, Saúl, Iago, Daniel, Manuel, Sergio F e Víctor. Tamén xogaron Alejandro, Leo e Pablo.
Goles: Mario e Jesús polos locais. Manuel polos visitantes.
Árbitro: Anás Harabazán Harabazán.

 

MACEDA 6 - 0 MONFORTE

CD Maceda: Nico, Rubén, Yago, Mario G, Mauro, Jorge, Alejandro, Borja, Álex, Martín e Modou. Tamén xogaron Xoel, Hugo, Adrián, Leo e Mario De J.
CF Monforte: Pablo, David, Hugo, Yeray, Manuel, Óscar, Iván, Cristian, Lois, Alejandro e Luis. Tamén xogaron Héctor, Adrián, César, Darío e Ángel.
Goles: 4 de Modou, Mauro e Hugo polos locais.
Árbitro: Xoel Pintós Fernández.

Resultados xornada 8

Maceda 6 0 Monforte
Blanco Amor 6 1 A Purísima B
Quiroga 2 1 Vilamartín
  D Calasancio B
 
Próxima xornada
Monforte - - Blanco Amor
A Purísima B - - Quiroga
Vilamartín - - Calasancio B
  D Maceda