O Chantada logra unha vitoria para asegurarse seguir na pelexa polo título

Derrota pola contra para o Monforte e o Quiroga, mentres que o Calasancio B saca un punto do enfrontamento co Vilamartín 
LPX-Monforte-Chantada-FER (12)
photo_camera Imaxe de arquivo

GRUPO A1

Logo desta segunda xornada da fase dous, o Chantada volve puntuar, nesta ocasión con vitoria, contra o Santa Teresiña cun axustado 1-0, que entrou nos primeiros minutos do partido. Malia que non houbo máis movemento de marcador, foi un partido competido con varios cartóns amarelos por ámbolos dous equipos, que fixo subir a presión do enfrontamento.

Consulta a clasificación aquí

CHANTADA 1 - 0 SANTA TERESIÑA

SD Chantada: Manuel, Álvaro, Brais, Martín, Daniel, Nicolás, Damián, Miguel, Alejandro, Hugo e Pau. Tamén xogaron Álex e Adán. 
CDC Santa Teresiña: José, Lucas V, Adrián, Camilo, Ricardo, Ignacio, Pablo, Michael, Sergio, Óscar e Aarón. Tamén xogaron Xian, Kevin, Diego, Lucas de A e Hugo.
Gol: Miguel polos locais. 
Árbitro: Pablo Cid Menor.

 

Resultados xornada 2

UD Ourense B 3 0 Antela
A Purísima 1 5 Barbadás
Chantada 1 0 Santa Teresiña
Velle 3 1 Ourense CF B

Próxima xornada

UD Ourense B - - A Purísima
Barbadás - - Chantada
Santa Teresiña - - Velle
Antela - - Ourense CF B

GRUPO B2 

Malia que se enfrontaba a un rival forte, o Calasancio B rematou o partido cun punto máis a sumar na táboa, logo dun empate co Vilamartín (2-2). 

Foi o dos Escolapios o que puxo o marcador de cara desde ben cedo e un gol en propia porta igualou o resultado, porén, o local non quixo deixar as cosas así e marcou outro tanto no 35', demostrando o seu dominio sobre o rival. Ao final, un gol do visitante no 78' foi o que fixo que o partido rematase en táboas.

O Monforte tivo unha dura xornada, logo de ser derrotado por un axustado 5-3 moi pelexado. A primeira parte careceu de incidencias xa que o electrónico só marcaba un gol do rival. Porén, os monfortinos, logo dunha pausa, adiantáronse no xogo con dous tantos ao seu favor.

Avanzando o segundo tempo, comezou a subir a presión e, preto do asubío final, parecía que o duelo ía rematar en táboas, pero un último empurrón do local, os colocou no triunfo. 

Outro xogo cunha primeira parte tranquila foi o do Quiroga e A Purísima B (1-4). Foi este primeiro o que abriu o marcador á volta de vestiarios cun gol de penalti e, aínda que se prognosticaba bo comezo para os verdes, un xiro inesperado fixo que comezasen a encaixar goles por parte do visitante, que non se deixou amedrentar e marcou catro goles moi seguidos ao seu favor.

O equipo quirogués continúa no último posto ao non poder sumar ningunha vitoria. 

Consulta a clasificación aquí

BLANCO AMOR 5 - 3 MONFORTE

EDO Blanco Amor: Miguel, Anxo, Iván, Adrián M, Luis, Caled, Adrián S, Will, Mohamed, Francisco e Jesús. Tamén xogaron Ilyass, Imrane, David, Daniel e Marcos.
CF Monforte: Pablo, Valentín, Joel, David, Hugo C, Hugo P, Óscar, Iván, Cristian, Héctor e Lois. Tamén xogaron Henry, Ángel, Darío e Alejandro.
Goles: Mohamed, Adrián M e 3 de Imrane polos locais. Iván e 2 de Óscar polos visitantes.
Árbitro: Jaimies Mosquera Paz.

QUIROGA 1 - 4 A PURÍSIMA B

Quiroga FC: Gonzalo, Pablo, Alejandro, Diego, Ignacio, David, Brais, Sergio, Xoel L, Jesús e Xoel C. Tamén xogaron Laurentino, Markus e Simón.
CD A Purísima B: Simón, Alberto, Rubén, Wilker, Yago G, Rubén, Ángel, Raúl, Yago F, Hugo e Roi. Tamén xogaron Juan, Roberto, Aarón, Luis e Adrián.
Goles: Jesús de penalti polos locais. 2 de Ángel e 2 de Roberto polos visitantes.
Árbitro: Pedro Fernández Parada.

CALASANCIO B 2 - 2 VILAMARTÍN

CP Calasancio B: Aelfie, Javier, Gabriel, Nevin, Iván, Issame, Miguel, Gabriel, Alejandro, Manuel L e Hugo. Tamén xogaron Mohamed, Izan, Manuel A, Beñat e Santiago.
CD Corgomo Vilamartín: Manuel P, Cristian, Marco, Nicolás, Martín, Sergio, Manuel G, Leo, Alejandro, Víctor e Pablo. Tamén xogaron Isaias, Aarón, Daniel, Rubén e Saúl.
Goles: Gabriel e Mnauel L polos locais. Manuel G e gol en porpia porta polos visitantes. 
Árbitro: Jorge Miguel Lois Rodríguez.

Resultados xornada 2

Blanco Amor 5 3 Monforte
Quiroga 1 4 A Purísima B
Calasancio B 2 2 Vilamartín
  D Maceda
Próxima xornada
Maceda - - Blanco Amor
Monforte - - Quiroga
A Purísima B - - Calasancio B
  D Vilamartín