O último baile da Liga

O Escairón e o Chantada venceron para conseguir a praza nos play off de ascenso

A Primeira pechou esta fin de semana a Liga Regular. Co Pol xa ascendido e os descensos decididos, a mirada estaba posta nos postos de play off. Despois de que o Chantada vencera ao Burela a xornada pasada, tiña que volver gañar para asegurar o terceiro posto. Dito e feito. Os de Traste impuxéronse con comodidade a un Riotorto minguado polas baixas e con xogadores no campo con molestias, que acabou encaixando cinco goles.

Tampouco fallou o Atlético Escairón, quen tamén dependía de si mesmo para asegurar a prata. No seu caso, outra ampla vitoria sobre o Milagrosa, que despois de sufrir o 2-0 na primeira metade, xogou ben ao fútbol na segunda, pero non tivo acerto nas áreas e os do Atlético acabaron metendo dous máis nos últimos minutos. Estes resultados non axudaron ao Burela, que aínda que se impuxo ao Chantada Atlético, quedou fora do podio. No partido empezaron mellor os verdes, pero os visitantes encontraron un gol na primeira chegada máis clara. Na segunda parte foron superiores os locais, que conseguiron remontar o partido para acabar 3-1.

Os líderes despedíronse da Primeira cunha vitoria ante o Guitiriz. O Pol viu como se adiantaba o cadro do Suso Cruz, pero pouco tardou en aparecer Iván para adiantar aos seus. Julio Camba selou o marcador co 1-3.

O Taboada, que tiña asegurado o sexto posto, impúxose ao Lourenzá. Os de Ramallal tiveron o control na primeira parte e puxeron o 0-1. Logo da pausa, os de Martín Murado foron superiores, chegando con moita xente á área rival para acabar poñéndose por diante e pechar o marcador cun gol de Ibán, que se retira do fútbol tras máis de 20 anos no club. O Outeiro de Rei pechou a competición empatando co Meira na Lomba. Os visitantes dominaron na primeira, mais na segunda os locais igualaron o marcador dúas veces para quedar 2-2.

O Santaballés quitoulle o oitavo posto ao Foz despois de vencelo na Liga. Aos locais custoulles entrar no partido e os da Mariña lograron adiantarse tras un pase espectacular de Dani Chao a Manolito. Os chairegos cambiaron de sistema, pero tardou en funcionar xa que encaixaron o segundo gol. No segundo tempo o partido foi moi diferente, Alejandro Novás puxo o empate cun penalti e dende aí remontaron cun tanto pola escuadra de Dani e outro de Play de vaselina para acabar levándose o duelo.

Deron un salto na táboa o Guntín e o Xove Lago. Os de Hugo Vázquez golearon ao Portomarín no Chao da Poza, caeron sete tantos, pero puideron ser máis. No caso do Xove, enfrontouse ao Monterroso nun partido de moitas alternativas. As primeiras ocasións foron dos de Pelayo Barrero, que se foron 0-2 ao descanso tras fallar un man a man. Na segunda metade Samu fixo un golazo e aínda que os vermellos lograron marcar dous tantos o Xove impúxose 2-4.

Consulta a clasificación aquí

RIOTORTO 1 - 5 CHANTADA

CF Riotorto: Ilian, Manuel, Adrián, Alejandro, Iván, Alex, Pablo, Jesus, Adrián F, Javier e Luis F.
SD Chantada: José Ramón, Sergio, Alberto, Pablo V, Manuel R, Manuel P, Miguel, Pablo N, Pablo I, José R Carballo e Manuel P M. Tamén xogaron Jordi, David, Damián, Marcos e Gabriel.
Goles: Adrián para o Riotorto. Alejandro, en propia, José R, Pablo I, Miguel, de penalti e David para o Chantada.
Árbitro: Manuel Otero Outeiral.

MONTERROSO 2 - 4 XOVE LAGO

SD Monterroso: Sergio, Marcos, Daniel, Lucas, Lorenzo, Brandan, Carlos, Rubén, Antonio, Raúl e Daniel. Tamén xogou Emilio.
UD Xove Lago: Alejandro, Jairo, Carlos L, Alberto, Daniel, Andrés, Samuel, Carlos T, Kevin, Juan J e Jorge. 
Goles: Raúl e Marcos para o Monterroso. Carlos, Jorge, Samuel e Juan J para o Xove.
Árbitro: Jorge Estraviz Cerdeira.

SANTABALLÉS 4 - 3 FOZ

CD Santaballés: David H, Jesús, Manuel, David T, Daniel P, Adrián S, Isaac, Adrián V, Miguel Ángel, Daniel G e Xosé. Tamén xogaron David R, Alejandro, Iván e Alberto.
CD Foz: Tomás, Adán, Cristian, Óscar, Daniel, Anxo, Manuel, Antonio, Xenxo, Álvaro e Roberto.
Goles: Miguel Ángel (2), Alejandro, de penalti e Daniel G para o Santaballés. Manuel, Daniel e Roberto para o Foz.
Árbitro: Abdelouadoud Boutzakate Babil.

GUITIRIZ 1 - 3 POL

Guitiriz SD: Breixo, Antonio C, Mauro, Javier, Iván, Miguel, Jesús, Diego, José M, Saúl e Antonio P. Tamén xogaron Óscar, César, Sergio, Juan e Mario.
SD Pol: Duarte, Rubén, Adrián, Julio José, Pedro, Mauro, José, Hamza, Nadir, Iván e Xoel. Tamén xogaron Samuel, Marcos, Agustín e Roi.
Goles: Saúl para o Guitiriz. Iván (2) e Julio José para o Pol.
Árbitro: Jesús Adán Gallego.

ATL ESCAIRÓN 4 - 0 MILAGROSA

Atlético Escairón: Marcos, Manuel, Javier, Rubén C, Asier, Julio, José M, Jaime, Rubén S, Miguel e Adrián. Tamén xogaron Denís, Diego, David, Rubén D e Óscar.
SDC Milagrosa: Daniel, Leo, Francisco, Marco, Pablo, Joel, Miguel, David, Christian, Juan e Rafael. Tamén xogaron Anxo, Diego, David e Alejandro.
Goles: Rubén (2), David e José María.
Árbitro: Dariel Pardo Veitia.

TABOADA 3 - 1 LOURENZÁ

Taboada CF: Ismael, Nicolás, Miguel, Rubén, Ibán, Sergio, Adrián G, Manuel, Adrián F, Jonathan e Martín. Tamén xogaron Juan J, Fabio, Julio Alberto, Francisco e Xavier.
ED Lourenzá: Adrián, Raúl, José Antonio, Iago, José Ángel, David, Yago, Xoel, Diego, Isaac e Aarón. Tamén xogaron Héctor e Clemente.
Goles: Miguel (2) e Ibán, de penalti, para o Taboada. David para o Lourenzá.
Árbitro: Álvaro Valín González.

PORTOMARÍN 0 - 7 GUNTÍN

CF Portomarín: Moaad, Gabriel, Victor, Diego, Óscar, Pedro, Sergio, José M, Yago, Javier e Fabián.
CF Guntín: Diego, Tomás, Brais, Daniel, José Francisco, José Carlos, Salim, Rubén, Xoel, Alex e Cristian. Tamén xogaron Álvaro, Iker e Samuel.
Goles: Daniel (2), Gabriel, en propia, Cristian e Álex (3) para o Guntín.
Árbitro: Chao da Poza.

BURELA 3 - 1 CHANTADA ATL

Burela SD: Francisco, Jairo L, Jairo C, Pablo, Alejandro, Antón, Javier, Yago, Adrián, David e Hugo. Tamén xogaron Diego, Xoel, Flavio, Hugo e Miguel Ángel.
Chantada Atl: Iván, Luis, Brais, Javier, Iván, Diego, David, Bryan, Anxo, Daniel e David M. Tamén xogou Iago.
Goles: Adrián, Diego e Jairo C para o Burela. Brais para o Chantada Atlético.
Árbitro: Brais Rosende Cancela.

MEIRA 2 - 2 OUTEIRO DE REI

Meira CF: Jorge, Diego L, Mateo, Javier V, José L, Kevin P, Marcos, Sergio, Gabriel, Iván e Diego S. Tamén xogaron Víctor, Rubén, Javier F e Santiago J.
SD Outeiro De Rei: Alberto P, Yeray, Álvaro, Óscar, Diego, Iván, Denis, Pablo, Alberto D, Iago e Adrián. Tamén xogaron Alejandro, Aarón e Martín.
Goles: José L e Santiago J para o Meira. Álvaro e Iván para o Meira.
Árbitro: David Pereira Ferreiro.

 

 

Resultados xornada 34

Riotorto 1 5 Chantada
Monterroso 2 4 Xove Lago
Santaballés 4 3 Foz
Guitiriz 1 3 Pol
Escairón 4 0 Milagrosa
Taboada 3 1 Lourenzá
Meira 2 2 Outeiro de Rei
Portomarín 0 7 Guntín
Burela 3 1 Chantada Atl