A cinco xornadas do fin

Estreitas vitorias para os tres primeiros da lista e goleadas para os equipos de Chantada

A Primeira entra na recta final e esta fin de semana os tres do alto gañaron pola mínima. Ao Pol tocoulle remontar contra o Xove Lago. Os de Fernandito tiveron as primeiras ocasións, pero adiantáronse os da Mariña. Ao Pol faltoulle acerto nas finalizacións, pero despois de remar chegaron os goles de Mauro e Omar.

No caso do Burela, tivo derbi na Marosa contra o Foz. Os verdes dominaron no inicio e adiantáronse cedo ante un equipo repregado que intentaba saír á contra. Os de Foz puideron empatar nun penalti que parou Kiko e na segunda encaixaron o 2-0 nunha falta lateral. Os visitantes volveron encontrarse con outro penal e recortaron distancias, pero o Burela aguantou o seu empuxón final.

O Escairón enfrontouse ao Portomarín,  último clasificado. Os do Chao da Poza viron a expulsión do seu porteiro e despois Asier adiantou aos visitantes nun golpeo afastado. Antes do intermedio o Atlético conseguiu o 0-2 nun centro. Na segunda Hugo apertou o marcador co 1-2 nunha falta, pero ao pouco o partido tivo que parar 45 minutos por un choque entre dous xogadores. Trala reanudación, ningún tivo acerto.

Os equipos de Chantada golearon esta fin de semana. O Chantada Atlético impúxose 7-0 ao Guitiriz no Sangoñedo, nun partido con moito dominio que xa deixaron sentenciado na primeira metade. En canto á SD Chantada, superou 0-4 ao Milagrosa. Os de Traste xa se foron ao descanso cun 0-2 e, aínda que os locais melloraron na segunda, sentenciou a SD nos intres finais.

Máis axustado foi o choque entre o Outeiro de Rei e o Monterroso, que mantivo un baixo ritmo e houbo ocasións en ambas áreas. Adiantou Iván aos locais ao descanso, pero na segunda Cristian Crespo fixo o empate.

O Taboada volveu ver a vitoria, despois de tres xornadas, contra o Meira. Partido de dominio alterno onde mandou o fútbol directo e o balón parado. O resultado ao descanso foi de 1-1, pero dous erros defensivos condenaron aos locais ao 3-1. Aínda así, o Meira achegouse, pero o Taboada sentenciou nun córner.

O Guntín leva tres triunfos consecutivos e o último foi contra o Santaballés. O partido empezou con pouco ritmo e cunha boa actuación dos visitantes, que se adiantaron nun balón largo. Preto do descanso Brais puxo o empate nun penalti. Na segunda cambiaron as tornas e Salim e Daniel remontaron. Álex culminou co 4-1, de penalti.

O Lourenzá deu un pasiño cara arriba cun tímido triunfo sobre o Riotorto. Os de Ramallal tiveron un par de ocasións na primeira metade, pero abriron o marcador logo da pausa nun erro defensivo. Os visitantes aumentaron a intensidade e encerraron aos locais. Ambos tiveron oportunidades, pero o resultado non se moveu.

Consulta a clasificación aquí

POL 2 - 1 XOVE LAGO

SD Pol: Manuel, Julio J, Roi, Mauro J, Omar, Gerardo, Marcos, Samuel A, Alejandro, Agustín e Álvaro. Tamén xogaron Pedro H, Adrián, Iván e Nadir.
UD Xove Lago: Alejandro, Carlos L, Unai, Alberto, Daniel, Iago, Samuel, Carlos T, Kevin, Juan J e Jorge. Tamén xogou Hugo.
Goles: Mauro J e Omar para o Pol. Jorge para o Xove.
Árbitro: Jesús Adán Gallego.

BURELA 2 - 1 FOZ

Burela SD: Francisco, Jairo L, Diego C, Jairo C, Pablo, Alejandro, Antón, Javier, Yago, Adrián e David. Tamén xogaron Flavio, Miguel A, Xoel, Hugo e Yeray.
CD Foz: Tomás, Santiago D, José, Aitor, Daniel, Manuel, Antonio, Carlos, Adrián, Álvaro e Samuel. Cristian, Anxo, Aarón, Adán e Roberto.
Goles: Javier e Jairo C para o Burela. Álvaro, de penalti, para o Foz.
Árbitro: Raúl López Martínez.

MILAGROSA 0 - 4 CHANTADA

SCD Milagrosa A: Daniel, Francisco R, Diego, Marco, Leo, Pablo, Miguel, Christian, Juan, Rafael e Bruno. Tamén xogaron Anxo, Alejandro, David e Francisco L.
SD Chantada: José Ramón, Sergio, Alberto, Pablo V, Manuel R, Manuel P, Miguel, Pedro, Pablo I, José R e Manuel P Lamas. Tamén xogaron Pablo N, Jordi, Damián, Hugo e Marcos.
Goles: José R (2, un de penalti), Damián e Pablo para o Chantada.
Árbitro: Abdeouadoud Boutzakate Babil.

LOURENZÁ 1 - 0 RIOTORTO

ED Lourenzá: Clemente, José Antonio, Jorge, José Ángel, David, Yago, Xoel, Diego R, Jesús, Isaac e Aarón. Tamén xogaron Diego E, Lucas e Alejandro.
CF Riotorto: Ilian, Manuel, Luis F, Alejandro, Borja, Adrián Rodríguez, Pablo, Rubén, Adrián F, Javier e Adrián Román. Tamén xogaron Jesús e Iván.
Goles: José Ángel para o Lourenzá.
Árbitro: Eduardo Feijóo Trigo.

OUTEIRO DE REI 1 - 1 MONTERROSO

SD Outeiro de Rei: Luis, Yeray, Álvaro, Diego, Iván, Borja, Lucas, Samuel F, Samuel S, Alberto e Adrián. Tamén xogaron Denís, Martín, Pablo, Aarón e Iago.
SD Monterroso: Sergio, Iago, Diego, Iván, Lorenzo, Cristian, Raúl V, Antonio, Raúl A, Balbino Andrés e Manel. Tamén xogaron Marcos, José V, Noé e Rubén.
Goles: Iván para o Outeiro. Cristian para o Monterroso.
Árbitro: Álvaro Valín González.

GUNTÍN 4 - 1 SANTABALLÉS

CD Guntín: Iker, Brais, Samuel, Álvaro, Daniel, Miguel, Mateo, Sergio, Salim, Pablo e Álex. Tamén xogaron Xoel, Rubén e José Carlos.
CD Santaballés: Iván, Rubén, Jesús, David, Alberto, Hugo Z, Xosé, Adrián S, Miguel Ángel, Adrián V e Daniel. Tamén xogou Alejandro.
Goles: Brais, de penalti, Salim, Daniel e Álex, de penalti, para o Guntín. Adrián V para o Santaballés.
Árbitro: Javier Gómez Martín.

CHANTADA ATL 7 - 0 GUITIRIZ

Chantada Atl: Iván L, César, Luis, Rubén, Iván G, Diego, Cristian, Iván V, Pablo, Anxo O e Daniel. Tamén xogaron Anxo S e David.
Guitiriz SD: Breixo, Antonio, Óscar, Javier, Iván, Antón, Jesús, Diego F, José M, Saúl e Adrián. Tamén xogaron Yordi, Miguel, Sergio, Diego C e Daniel.
Goles: César (3), Anxo, Luis, de penalti, Cristian e Iván G para o Chantada Atl.
Árbitro: Manuel Otero Outeiral.

PORTOMARÍN 1 - 2 ATL ESCAIRÓN

CF Portomarín: José, Diego dos Santos, Víctor, Diego R, Alberto, Óscar, José Diego, Sergio, Moaad, Héctor Hugo e Yago. Tamén xogaron Gabriel, Pedro e José M.
Atlético Escairón: Iván, Javier, Rubén, Asier, Julio, Denís, José María, Rodrigo Nahuel, Rubén, Miguel e Adrián. Tamén xogaron Manuel, Diego e Antonio V.
Goles: Héctor Hugo para o Portomarín. Asier e Rubén para o Escairón.
Árbitro: Javier Pérez Prado.

MEIRA 2 - 4 TABOADA

Meira CF: Jorge, Marcos F, Mateo, Javier, José Luis, Kevin Pierre, Óscar, Rubén, Iván P, Iván L e Xosé Xesús. Tamén xogaron Gabriel, Santiago J, Diego, Marcos S e Sergio.
Taboada CF: Ismael, Fabricio, Sergio, Juan J, Manuel, Fabio, Ibán, Alexandre, Manuel, Jonathan e Martín. Tamén xogaron Francisco e Nicolás.
Goles: Rubén e Sergio, de penalti, para o Meira. Fabio (2), Manuel e Juan J para o Taboada.
Árbitro: Yhosep Alejandro M Jorge Lagos.

 

Resultados xornada 29

Burela 2 1 Foz
Pol 2 1 Xove Lago
Milagrosa 0 4 Chantada
Lourenzá 1 0 Riotorto
Outeiro de Rei 1 1 Monterroso
Guntín 4 1 Santaballés
Chantada Atl 7 0 Guitiriz
Portomarín 1 2 Atl Escairón
Meira 2 4 Taboada

Próxima xornada 

Xove Lago - - Foz
Chantada - - Pol
Riotorto - - Milagrosa
Monterroso - - Lourenzá
Santaballés - - Outeiro de Rei
Guitiriz - - Guntín
Atl Escairón - - Chantada Atl
Meira - - Taboada