O Lugo B despídese da tempada e da categoría cunha vitoria ante o Celta B

Final de Liga para un equipo que lle custou adaptarse ao principio pero que despois amosou o seu bo nivel e logrou remontar ata acabar oitavo
LNX-Lugo B-Pontevedra-FER (5)
photo_camera Imaxe de arquivo

Liga Nacional Xuvenil

Último partido de Liga para o Lugo B, que se despide ademais da categoría arrastrado polo descenso do primeiro equipo desde a División de Honra.

E non podían despedirse mellor os de David Fernández que cunha importante vitoria, por 2-3, ante o Celta B, o subcampión de grupo.

Disputaron unha primeira parte bastante igualada, na que os locais dominaron o balón pero os albivermellos souberon aproveitar o momento. Así, o primeiro gol chegou na primeira ocasión na que puideron saír, unha xogada pola esquerda que centra Gonzalo e Andrés coa zurda marca.

O Lugo B xerou perigo nas contras pero o Celta B logrou o empate nun pase en profundidade que termina nun man a man co porteiro. Antes do intermedio volveron estar por diante os lugueses nunha transición rápida que termina co balón nos pés de Diego.

Na segunda parte, o equipo celeste acosou ao lugués e logrou o empate cara o final, nunha xogada por banda, con pase atrás e disparo pola escuadra. Porén, cando parecía que xa non quedaba vida no equipo visitante, un penalti sobre Xabier Valiña, que foi derrubado na área, acaba sendo o gol da vitoria. Aínda tiveron unha ocasión máis os vigueses, que fallaron un penalti.

Final de Liga para un equipo que lle custou adaptarse ao principio pero que despois amosou o seu bo nivel e logrou remontar ata acabar oitavo.

Consulta a clasificación aquí

CELTA B 2 - 3 LUGO 

RC Celta B: Borja, Fernando, Pedro, Xaquín, Roi, Julián, Amet, Daniel, Ángel, Iago e Brais. Tamén xogaron Mario, Ianis, Daniel, Germain e Alexandre.
CD Lugo B: Xabier R, Raúl, Mateo D, Eneko, Diego, Gonzalo, Martín, Sergio, Mateo X, Adrián e Andrés. Tamén xogaron Xabier V, Márkel, Román e Alexandre.
Goles: Ángel e Germain polos locais. Andrés, Diego e Xabier V (de penalti) polos visitantes.
Árbitro: Rubén Extremadura Hernández.

Resultados xornada 34

Boiro 0 1 Valladares
Ural 3 1 Pabellón Ourense
UD Ourense 1 6 Pontevedra
Bergantiños 3 7 Porriño
Celta B 2 3 Lugo B
Deportivo B 3 3 Conxo
Lérez 2 0 Victoria
Ferrol 2 1 Montañeros
Coruxo B 1 1 Alondras