O Lugo caeu ante o Deportivo pola mínina logo dun xogo case sen oportunidades por ámbolos dous

Os de Dani Fernández aseguran posición fóra do descenso cun triunfo claro ante o Valladares nun partido con moitas ocasións

División de Honra Xuvenil

O Lugo segue fóra da zona de descenso pero está a sufrir nestas catro últimas xornadas de Liga. Esta fin de semana caeu ante un Deportivo co que se mostrou moi seguro e firme, pero encaixou un gol minutos antes do final.

Comezaron os do Lugo en Abegondo seguros de que tiñan que ser un bloque ante un dos equipos con máis capacidade ofensiva da categoría. Malia esta situación, concederon moi pouco os de Hugo Vázquez, que xogaron moi ben e que tiveron a primeira ocasión do partido tralo saque de centro. Xogaron longo e chegaron á área pequena, pero non conseguiron rematar.

O Deportivo non tivo moitas máis ocasións na primeira parte que un tiro desde a frontal, aínda que tivo máis o balón e chegou máis veces, pero tampouco puido definir.

O Lugo pechou as súas oportunidades do primeiro tempo nun 2 contra 1 que acaba cun balón ao espazo que queda longo e chega ao defensor.

Na segunda parte abriuse máis o partido e houbo máis chegadas que na primeira polos dous. Con tanta igualdade o partido apuntaba a unha derrota do primeiro equipo que fallara e lle tocou ao Lugo ese papel, nun rebote na área que xera un man a man co porteiro e acaba entrando, sete minutos antes do asubío.

Agónico final o que lle queda ao Lugo, que amosou que pode e debe estar na categoría de  Honra o ano que vén. O seguinte rival para os albivermellos é o Gijón, que  non está ao nivel que outros anos, e rematarán a tempada con Bansander e Covadonga, que están ámbolos dous na mesma zona da táboa.

Consulta a clasificación aquí

DEPORTIVO 1 - 0 LUGO 

RC Deportivo da Coruña: Román, Hugo, Rubén V, Samuel, David, José, Noé, David D, Zoé, Ayman e Pablo G. Tamén xogaron Álvaro, Rubén F, Pablo P, Héctor e Carlos.
CD Lugo: Mateo O, Mateo D, Izan, Daniel, Francisco, Diego, Noel, Carlos, Xavier C, Noah e Antón. Tamén xogaron Aimar, Mateo M, Xavier R, Javier e Iker.
Gol: Noé no 83'.
Árbitro: Bruno Méndez Castro.
 
Resultados xornada 27
 
Revilla 2 2 Bansander
Covadonga A 3 1 Perinés
Gijón A 4 2 Arousa
Deportivo 1 0 Lugo
Coruxo 3 1 Choco
Santander 3 1 Oviedo A
Celta 7 2 Val Miñor
Compostela 1 2 Veriña A
Próxima xornada
Perinés - - Bansander
Arousa - - Covadonga A
Lugo - - Gijón A
Choco - - Deportivo
Oviedo A - - Coruxo
Val Miñor - - Santander
Veriña A - - Celta
Compostela - - Revilla
 

 

Liga Nacional Xuvenil

Logo do esvarón da fin de semana pasada, o Lugo B recuperou a senda correcta para a permanencia cunha vitoria clara sobre o Valladares,  e un posto máis cara arriba. Venceu 3-1 nun partido marcado pola calor disputado o domingo ao mediodía.

Comezaron dominando xa os de David Fernández durante os primeiros 20 minutos pero sen que houbese ocasións. A partir de aí si xeraron a través de chegadas de Xabier Valiña pola dereita. Xusto antes da pausa entrou o primeiro gol, nunha xogada individual de Andrés, que define só ante o porteiro.

Non tardaron moito, tralo regreso, en marcar os lugueses o segundo, nun pase en profundidade que remata nun man a man de Adrián, que marca a porta baleira.

Cando o partido ía encarrilado sen que o rival amosase ningunha opción, marcou o Valladares nun centro lateral que rematan ao segundo pau, na única xogada con perigo que tiveron. 

O control e o dominio seguiu en mans albivermellas ata o final, con varias ocasións, ás máis destacadas de Gonzalo e Mateo Castro. O último gol foi a piques de terminar, un roubo que Diego golpea coa zurda axustada ao pau e marca. Despois, aínda tiveron algunha oportunidade máis.

Consulta a clasificación aquí

LUGO B 3 - 1 VALLADARES

CD Lugo B: Xabier, Raúl F, Aarón, Eneko, Lucas, Gonzalo, Xabier, Martín, Mateo C, Mateo D e Andrés. Tamén xogaron Adrián, Diego, Alexandre, Márkel e Román.
CVC Valladares: Roi E, Lucas, Raúl, Mario, Roi F, David, Pedro, Izan, Mario, Tomás e Ethan. Tamén xogaron Antón, Rodrigo, Mateo, Telmo e Javier.
Goles: Andrés, Adrián e Diego polos locais. Izan polos visitantes.
Árbitro: Alberto Lago Barreiro.

Resultados xornada 29

Coruxo B 2 3 Pontevedra
Porriño 0 3 Pabellón Ourense
Lugo B 3 1 Valladares
Conxo 5 2 Boiro
Victoria 2 0 Ural
Montañeros 4 0 UD Ourense
Alondras 0 0 Bergantiños
Ferrol 1 2 Celta B
Lérez 2 2 Deportivo B

Próxima xornada 

Pabellón Ourense - - Pontevedra
Valladares - - Porriño
Boiro - - Lugo B
Ural - - Conxo
UD Ourense - - Victoria
Bergantiños - - Montañeros
Celta B - - Alondras
Deportivo B - - Ferrol
Lérez - - Coruxo B