O Lugo cae ante o líder e apura as últimas xornadas mentres o PM Friol gaña fóra

A cinco xornadas do final da Liga e co Milagrosa xa descendido, están sen salvar PM Friol B, Antas e Chantada

Terceira Federación

A situación segue a ser un pouco apurada para o CD Lugo, que se mantén fóra dos postos de descenso directo polo golaverage despois de amosarlle ao líder, o Avilés, que tampouco é un rival doado.

Esta fin de semana as de Joaquín perderon novamente, pola mínima na casa baixo un sol de xustiza e ante un equipo que está practicamente ascendido. As luguesas sabían o que tiñan enfronte e pasaron todo o partido defendendo aínda que na primeira parte dispuxeron dalgunha opción e impediron ao rival que estivera cómodo, xa que tampouco ten por costume xogar nun campo tan grande como a Cheda. Lograron roubar balóns pero xusto antes do intermedio chegou o gol das visitantes, o que repercutiu negativamente nas albivermellas, que na segunda parte non tiveron capacidade de loitar contra un rival que non abusou, pero tampouco concedeu.

O PM Friol, que volveu ter desencontros coa arbitraxe, venceu ao Lóstrego 1-3 e segue nun grupo de catro equipos na zona media alta (á espera dunha posible sanción). Empezaron moi ben con balón as friolesas, pero nunha perda de balón, foi o rival o que abriu a conta. Aínda así, a calor pasou factura e as locais comezaron a mostrar cansazo. Pouco despois, a expulsión por  vermella directa dunha xogadora do Lóstrego cambiou o curso do partido. Empataron as de Friol antes de acabar o primeiro tempo e na segunda parte foron moi superiores. Marcaron dous goles máis pero tiveron ocasións para matar o partido en varias contras moito antes.

Consulta a clasificación aquí

LUGO 0 - 1 AVILÉS

CD Lugo: Sara, Berta, Yanire, Ashley, María C, Andrea, Paula, Marta, Candela V, Blanca e Noa. Tamén xogaron Ainara, Esther e Claudia. 
Real Avilés CF: Paula, Elizabet, Carmen, Marina, Silvia, Daniela, Lucía, Mirdja, Tayre, Nuria e Irene. Tamén xogaron Ana, Natalia, Alba, Iria e Iciar. 
Gol: Lucía polas visitantes.
Árbitro: Adrián Fernández Teijido.

LÓSTREGO 1 - 3 PM FRIOL 

Lóstrego Club de Fútbol: Naiara, Tamara, Irea, Irene R, Ana, Adelaida, Irene F, Laura, Alexandra, Nara e Alejandra. Tamén xogaron Irene H, Marta, Olivia e Noa.
PM Friol: Isabel, Lynda, Yoleidis, Ana, Ángela, Yasmin, Fabiola, Antía, Ingrid, Elena e Nerea. Tamén xogaron Andrea, Marta, Neylla, Marie e Iona.
Goles: Alexandra polas locais. Lynda, Ana e Antía polas visitantes.
Árbitro: Rubén Extremadura Hernández.

Resultados xornada 26

Victoria FC 2 1 Llanera
Umia 2 1 Mos
Lugo 0 1 Avilés
Lóstrego 1 3 PM Friol
Deportivo B 2 2  Olímpico
Oviedo B 0 2 Bovedana
Sárdoma 2 0 Victoria CF
Gijón A 2 2 Spórting Gijón B

Próxima xornada 

Gijón A - - Victoria FC
Llanera - - Umia
Mos - - Lugo
Avilés - - Lóstrego
PM Friol - - Deportivo B
Olímpico - - Oviedo B
Bovedana - - Sárdoma
Victoria CF - - Spórting Gijón B

Primeira División Galega

Ao PM Friol B quédanlle cinco xornadas para poder saír do descenso directo no que se atopa, cinco puntos por debaixo do primeiro que salva a categoría. Esta fin de semana volveu perder, ante o líder, o Bergantiños, ao que falou de ti a ti, pero quedou sen puntos.

Consulta a clasificación aquí

PM FRIOL B 2 - 3 BERGANTIÑOS

PM Friol B: María del P, Nerea, Ana, Andrea F, Lidia, Andrea V, María, Whitney, Marie, Iona, Jesica e Iliana. Tamén xogaron Victorie, Antía, Ángela e Goretti.
Bergantiños CF: Ainhoa, Lara, Noelia, Zaida, Cruz, Alba, Laura C, Blanca, Laura M, Yaiza e Andrea. Tamén xogaron Carmen, Ana, Laura R e Gabriela.
Goles: 2 de Withney polas locais. Andrea, Carmen e Cruz polas visitantes.
Árbitro: Yawa Bernadette Gbetsogbe.
 

Resultados xornada 25

Victoria FC B 4 0 Arousana
PM Friol B 2 3 Bergantiños
Tomiño 3 1 Umia B
Noia 4 1 Amistade
Victoria CF B 1 1 Orzán
Domaio 1 1 Lóstrego B
Sárdoma B 3 4 O Val
Cambre 3 0 Tordoia

Próxima xornada

Bergantiños - - Arousana
Umia B - - PM Friol B
Amistade - - Tomiño
Orzán - - Noia
Lóstrego B - - Victoria CF B
O Val - - Domaio
Tordoia - - Sárdoma B
Cambre - - Victoria FC B

Segunda División Galega

En Segunda, o Antas encaixou a quinta derrota consecutiva e vai cara abaixo, aínda que lonxe do ascenso, do que podería salvar cunha única vitoria. Esta fin de semana caeu co Xallas por 0-2, ao igual que fixo o San Roque co Carral, co que competía pola cuarta praza. Xa descendido está o Milagrosa, que foi goleado polo Maniños. Tamén o Chantada está cun pé fóra da categoría logo dunha nova derrota.

GRUPO 1

Consulta a clasificación aquí

MANIÑOS 6 - 0 MILAGROSA

Cultural Maniños: Eva, Jennifer, Nora, Cristina, Laura, Lucía S, Olaya, Lorena, Paula, Andrea e María. Tamén xogaron Lucía M, Olaia e Uxía.
SDC Milagrosa: Rosalía, Marta, Ainara, Nayeli, Valeria, Martina, Aldara, Ana, Lucía R, Lucía M e Carmen Tamén xogaron Alicia, Zaira e Eider.
Goles: Paula, 2 de Lorena, María e Uxía (un de penalti) polas locais.
Árbitro: María Sheila Rodríguez González.

SAN ROQUE 0 - 2 CARRAL

SDC San Roque: Cristina, Paula, Uxía, María, Miriam, Noa, Saray, Sofía, Carla, Noelia e Wanessa. Tamén xogou Clara.
UD Carral: Anabel, Andrea V, Ana, Olalla, Sabela, Sara, Vanessa, Ana, Laura, Mayra e Silvia. Tamén xogaron María G, Andrea T, María F e Alba.
Goles: Laura e Sara polas visitantes.
Árbitro: Marco Antonio Fernández Vázquez.

XALLAS 2 - 0 ANTAS

Xallas FC: Rosio, Carla, Alicia, Paula, Olalla, Noelia, María, Andrea B, Andrea O, Claudia e Saskia. Tamén xogaron Michelle, Zaira, Inés, Laura e Yaiza.
SD Antas: Melanie, Maite, Laura, Iria, Eva, Elisa, Paula, Aldara, Tamara, Nuria e María. 
Goles: Andrea O e Claudia polas locais.
Árbitro: Alejandro Tato Gómez.

Resultados xornada 25

Xallas 2 0 Antas
Orzán B 3 0 Abella
San Roque 0 2 Carral
Silva 1 2 Brexo Lema
Maniños 6 0 Milagrosa
SP Meicende 4 0 Os Miudos
Santiso 1 1 Cee
San Pedro 1 1 Pastoriza

Próxima xornada

Abella - - Antas
Carral - - Orzán B
Brexo Lema - - San Roque
Milagrosa - - Silva
Os Miudos - - Maniños
Cee - - Meicende
Pastoriza - - Santiso
San Pedro - - Xallas

GRUPO 2

Consulta a clasificación aquí

CHANTADA 1 - 3 TOURO

SD Chantada: Andrea N, Laura, María, Ángeles, Noelia P, Sara, Rocío, Noelia G, Saray, Eva e Lucía. Tamén xogaron Andrea G, Andrea M, Noa, Elisa e Tania.
SD Touro: Mencía, Ana, Zaira, Lucía, Irene, María, Laura T, Enma, Rocío, Nerea e Lara. Tamén xogaron Claudia, Andrea, Natalia, Zoila e Laura L.
Goles: Eva polas locais. 2 de Zaira e enma polas visitantes.
Árbitro: Borja Bran López.

Resultados xornada 25

Chantada 1 3 Touro
Interrías B 2 1 San Mateo
Arenteiro 8 1 Victoria FC C
Rosalía 4 0 Praíña SP
Pontellas 1 1 Xuventú Aguiño
Cacheiras 1 1 Boiro
Mos B 4 2 Porriño
  D Calo

Próxima xornada

San Mateo - - Touro
Victoria FC C - - Interrías B
Praíña SP - - Arenteiro
Xuventú Aguiño - - Rosalía
Boiro - - Pontellas
Porriño - - Cacheiras
Calo - - Chantada
  D Mos B

Terceira División Galega

 
En Terceira, non houbo vitorias para a provincia con empates de Lugo B, Carballedo, Comercial e San Lázaro, os dous últimos xogando entre eles. O Monte Forte perdeu.

Consulta a clasificación aquí

BANDEIRA 0 - 0 LUGO B

SD Bandeira: Noelia C, Noelia B, Laura, Andrea C, Andrea T, Uxía, Nerea, Sara, Eva, Silvia e Sofía. Tamén xogaron María, Alba, Lucía, Andrea A e Elena.
Lugo B: Iyore, Nayra, Nekane, Alba, Lucía, Ainara, Claudia, Iria, Ánxela, Blanca e María. Tamén xogaron Uxía e Natalia.
Árbitro: Xoel Laya Lolo.

SILLEDA 0 - 0 CARBALLEDO

Escola de Fútbol Silleda: María, Antía, Carlota, Julia, Lucía, Euxea, Leire, Noelia, Xiana, Iria e Yudit. Tamén xogou Paula.
Carballedo CF: María Jesús, Uxía D, Noelia, Alba, Belén, Uxía G, Sara, Verónica, Noelia, Lúa e Laura. Tamén xogaron Paula, Candela, Jesica, Sheyla e Carla.
Árbitro: Cristian Machado Mosquera.

COMERCIAL 1 - 1 SAN LÁZARO

SG Comercial: Estefanía, Sheila, Maragarita, Aroa, Diana, Antía, Noa, Lorena, Andrea, Iria e Estefany. 
SD San Lázaro: Jesica, Lucía, Douaa, Hajar, Eukene, Ana, Kaoutar, Luanda, María José, Dana e Mireia. Tamén xogaron Lourdes, Inmaculada e Sara.
Goles: Estefany polas locais. Mireia de penalti polas visitantes.
Árbitro: Víctor Jacobo Rodríguez Bernal.

MONTE FORTE 1 - 4 ROIS

ADC Monte Forte: Camila, Ainhoa L, Henar, Laura, Noa, Carla, Alba, Erea, Cristina, Paula e Ainhoa A. Tamén xogaron Iria e Lucía.
CD Rois: Ana, Lucía, Candela, Sara, Erika, Alicia, Laura, Inés, Andrea, Enma e Paula. Tamén xogaron Noemí, María e Ainhoa.
Goles: Henar polas locais. Laura, Erika, Sara e gol en propia porta polas visitantes.
Árbitro: Jorge Miguel Lois Rodríguez.


 Resultados xornada 25

Bandeira 0 0 Lugo B
Cruces S Vista Alegre
Monte Forte 1 4 Rois
Silleda 0 0 Carballedo
Comercial 1 1 San Lázaro
Órdenes 4 2 Arenteiro B
O Pino 1 2 Curtis
  D Taragoña
Próxima xornada
Vista Alegre - - Lugo B
Rois - - Cruces
Carballedo - - Monte Forte
San Lázaro - - Silleda
Arenteiro B - - Comercial
Curtis - - Órdenes
Taragoña - - O Pino
  D Bandeira