Ampla vitoria do Viveiro sobre o Polvorín

O Vilalbés rematou en empate contra o Compostela, mentres que o Milagrosa se levou os tres puntos

 

 

Masculina Grupo Norte

A Galega masculina volveu ser testemuña dun derbi lucense esta xornada, foi o Viveiro quen fixo de anfitrión contra o Polvorín na matinal do sábado. Os celestes saíron moi enchufados ao verde do Marcos Gómez, xerando ocasións ante un rival que lles esperaba repregado.

O cadro local adiantouse cedo e Samuel subiu o segundo tras un córner. O Polvorín conseguiu recortar distancias aproveitando un erro de marca nun balón largo, pero en pouco tempo encaixou o 3-1, co que se foi o duelo ao descanso. Na segunda o Viveiro xerou múltiples ocasións, Asier marcou o cuarto de cabeza e, tras este, chegaron os de Brais e Iago.

En canto ao Vilalbés, conseguiu un bo punto contra un equipo da zona media, o Compostela. Os de Santiago conseguiron adiantarse primeiro no anexo da Magdalena, pero iso non meteu medo aos locais, que pouco a pouco se foron encontrando mellor ata igualar o partido a través de Hugo.

Na segunda metade os chairegos intentaron adiantarse e Samuel conseguiu o 2-1 chegando ao minuto 60. O cadro local aguantou ben o marcador, pero nos intres finais o Compostela conseguiu o empate.

Consulta a clasificación aquí

VILALBÉS 2 - 2 COMPOSTELA

Racing C Villalbes: Alex, Aarón, Hugo, Bruno, Martín, Martín M, Nicolás, Anxo, Hugo P, Juan M e Alberto. Suplentes: Iker, Alejandro, Leandro M e Samuel.
SD Compostela: Rodrigo, Adrián, Nicolás, Pedro G, Antón, Samuel, David, Martín, Adrián, Guillermo e Mikel. Suplentes: Santiago, ALdán, Fabio e Luis F.
Goles: Hugo P e Samuel para o Vilalbés. Antón e Adrián para o Compostela.
Árbitro: Adrián López Bermúdez.

 VIVEIRO 6 - 1 POLVORÍN

SD Viveiro: Dimas, Miguel, Hugo, Samuel, Roque, Jaime, Leo, Marco, Junior, Asier e Iago. Suplentes: Lucas, Brais, David M, Aleixo e Xoel.
EF Polvorín: Álvaro A, Antón, Brais, Alejandro, Eloy, Aarón, Alejandro F, Marcos, Nicolás, Antón F e Carlos. Suplentes: Hugo, Jaime, Daniel, Alan e Izan.
Goles: Roque, Samuel, Marco, Asier, Brais e Iago para o Viveiro. Alejandro para o Polvorín.
Árbitro: Gabriel Polo Fraga.

Resultados xornada 26

Ribeira 4 2 Boiro
Bergantiños 2 3 Rácing Ferrol
Victoria 1 2 Calasanz
Vilalbés 2 2 Compostela
Viveiro 6 1 Polvorín
Estrada 2 1 Galicia de Caranza
Xuventude Oroso 1 1 Montañeros
Oza Juvenil 3 2 Cambre

Próxima xornada

Cambre - - Ribeira
Boiro - - Bergantiños
Rácing Ferrol - - Victoria FC
Calasanz - - Vilalbés
Compostela - - Viveiro
Polvorín - - Estrada
Galicia de Caranza - - Xuventude Oroso
Montañeros - - Oza Juvenil

 

Feminina Grupo Norte

Na Galega feminina o Milagrosa foi o único lucense que se levou os tres puntos. As albivermellas enfrontáronse contra o Arzúa a domicilio e acabaron vencendo por 1-2. O partido comezou con pouco acerto, pero preto da media hora Blanca adiantou ao cadro lugués.

Pouco durou a alegría, xa que practicamente na seguinte xogada empataron as do Viso. Aínda así, o Milagrosa seguiu apertando e antes do descanso marcou o 1-2 definitivo. Na segunda, tocou aguantar o resultado e cumpriron o obxectivo con éxito.

No caso do Antas, tocoulle enfrontarse contra un dos grandes da categoría, o Orzán. Pouco tempo tardaron as da Coruña en meter dous goles, mais o equipo lucense reaccionou ben e recortou distancias a través de Uxía.

Porén, antes do descanso o Orzán apoderouse do mando e puxéronse 1-5. Un resultado moi complicado para as do Antas, que aínda encaixaron catro tantos mais na segunda.

Consulta a clasificación aquí

ARZÚA 1 - 2 MILAGROSA

Arzúa Fútbol Club Femenino: Noelia, Marta, Carmen, Julia, Paula, Nicoleta V, Aroa, Aroha, Sabela, Uxia e Xiana. Suplentes: Natalia, Raquel, Vera, Carlota e Ruth.
SCD Milagrosa: Natalia, Irene, Aurora, Noa, Salma, Lara, Andrea, Marina, Vera, Gabriela e Blanca. Suplentes: Clara, Lucia, Daniela, Paula e Itziar.
Goles: Nicoleta V para o Arzúa. Aurora e Blanca para o Milagrosa.
Árbitro: Víctor López Blanco.

ANTAS 1 - 9 ORZÁN

Antas SD: Julene, Icia, Laura, Antía, Ariadna, Ainara, Camila, Uxía, Dana, Carmen e Esmenia. Suplentes: Melanie, Elisa e Lara.
Orzán SD: Angela, Lara, Daniela, Uxía, Martina, Claudia, Marta, Elba, Lola, Carolina e Helen. Suplentes: Naiara e Bianca.
Goles: Uxía para o Antas. Uxía, Claudia (3), Marta (4) e Martina para o Orzán.
Árbitro: Joel Rois Rodriguez.

 

Resultados xornada 25

Victoria FC 2 4 Victoria CF
Rácing Ferrol 2 0 Cee
Mera 0 1 Burgo
Arteixo 0 4 Pastoriza
Arzúa 1 2 Milagrosa
Antas 1 9 Orzán
Cristo Rey 0 0 Orzán B
  D Torre

Próxima xornada

Cee - - Victoria CF
Burgo - - Rácing Ferrol
Pastoriza - - Mera
Milagrosa - - Atl Arteixo
Orzán - - Arzúa
Orzán B - - Antas
Torre - - Victoria FC
  D Cristo Rey