O Residencia fíxose coa vitoria na Cheda contra os terceiros do Norte

O Lugo B empatou sen goles co Rácing Ferrol, mentres que o Calasancio tamén logrou sumar un punto

Masculina Grupo Norte

A Galega masculina ten, no grupo norte, moita igualdade entre a zona media alta da táboa. Esta xornada o Residencia subiu ata o posto número seis, xa que superou ao Bertamiráns, terceiro clasificado. Os lucenses comezaron moi ben o encontro e adiantáronse tras un centro de David que rematou Uriel de cabeza. Nos seguintes minutos mantiveron o nivel e tiveron un par de ocasións máis, pero os rivais conseguiron adiantarse nun balón parado. Co 1-1 o Bertamiráns saíu mellor na segunda metade e teñen máis ocasións. Porén, nun balón o espazo o Residencia conseguiu poñerse 2-1 cunha vaselina de Uriel. Tras isto os de Santiago tiveron ocasións, pero o Residencia tamén tivo as súas para matar o partido en dous mans a mans de Uriel.

O Lugo rematou empatando sen goles contra o Rácing Ferrol B e pasou ao décimo posto, malia que so ten dous puntos menos que o Residencia. Na primeira parte o conxunto local estivo mellor, acumulou xogadores por dentro e dificultou o xogo dos lucenses, que non conseguían organizarse en ataque. Na segunda metade os albivermellos melloraron, comezaron a chegar con claridade á área rival, pero sen chegar a acertar. Aínda que tamén tiveron unha clara a balón parado, o 0-0 non se moveu.

Consulta a clasificación aquí

RESIDENCIA 2 - 1 BERTAMIRÁNS

SD Residencia: Pablo, Álex A, Adrián, David, Gael, Javier, Jorge, Lucas, Manuel, Unay e Uriel. Tamén xogaron Alejandro, Azael, Joel, Mauro e Pablo C.
Bertamiráns FC: Manuel, Leo, Aitor, Ignacio, Anxo, Mateo, Hugo, Fabian, Mateo M, Alejandro e Mario. Tamén xogaron Hugo M, Miguel, Hugo C, David e Nuno.
Goles: Uriel (2) para o Residencia. Mateo M para o Bertamiráns.
Árbitro: Marco Antonio Fernández Vázquez.

RÁCING FERROL B 0 - 0 LUGO B

Rácing Club Ferrol SAD B: Tomás, Pablo, Adrián, Antón, Matías, Adrián S, Andrés, Iker, Marco, Antón P e Thiago. Tamén xogaron Francisco, Arsenii, Anxo, Yoel e Hugo G.
CD Lugo B: Carlos, Iker, Diego A, Daniel, Raúl, Pedro, Brais, Pablo, Javier, Hugo e Hugo H. Tamén xogaron Alexandre, Unai, Miguel, Aron e Nicolás.
Árbitro: Juan Jose Silven Montes.

 

Resultados xornada 29

Narón O Freixo A Galicia de Caranza
Calasanz 1 1 Ural B
Residencia 2 1 Bertamiráns
San Tirso B 2 0 Amio
Bergantiños 0 2 Imperátor
Ribeira 6 4 Eume Deportivo
Boiro 0 2 Conxo B
Rácing Ferrol B 0 0 Lugo B
Victoria B 1 2 Compostela

Próxima xornada

Ural B - - Galicia de Caranza
Bertamiráns - - Calasanz
Amio - - Residencia
Imperátor - - San Tirso B
Eume Deportivo - - Bergantiños
Conxo B - - Ribeira
Lugo B - - Boiro
Compostela - - Rácing Ferrol B
Victoria B - - Narón O Freixo

 

Masculina Grupo Sur

No grupo Sur o Calasancio fixo un bo papel contra o Lérez e acabou levándose un punto. Na primeira metade foron mellores os de Pontevedra, o que fixo que se foran 0-2 ao descanso. Porén, co paso dos minutos os lucenses fóronse metendo no partido.

Aínda que o rival era superior, tralo descanso a imaxe do Calasancio cambiou, e Óliver meteu no partido aos seus. Un penalti cerca do final do encontro deu pé a que os de Monforte conseguiran o empate.

Consulta a clasificación aquí

CALASANCIO 2 - 2 LÉREZ

CP Calasancio: Aelfie, Pablo, Adrián, Senén, Javier, Adrián G, Oliver, Iker, Alejandro, Alejandro L e Alex. Suplentes: Lois, Luis M, Héctor A, Yoel e Manuel A.
AJ Lerez: Miguel, David, Nicolás, Iker, Marco, Dylan, Diego, Xurxo, Diego A, Xabier e Hugo. Suplentes: Pablo, Luis e Yago.
Goles: Óliver e Alejandro, de penalti, para o Calasancio. Hugo e Diego A para o Lérez.
Árbitro: Saúl López Parga.

 

Resultados xornada 29

Comesaña 2 3 Val Miñor B
Arosa B 0 1 Celta B
Porriño 0 2 Santa Mariña
Calasancio 2 2 Lérez
Poio 0 1 Arenteiro
Alondras 3 2 Rápido Pereiro
A Seca 2 2 Arousa
Pabellón B 1 2 Choco
Pontevedra 1 1 Escola DSF

Próxima xornada

Celta B - - Val Miñor B
Santa Mariña - - Arosa B
Lérez - - Porriño Industrial
Arenteiro - - Calasancio
Rápido Pereiro - - Poio
Arousa - - Alondras
Choco - - A Seca
Escola DSF - - Pabellón B
Pontevedra - - Comesaña

 

Feminina Grupo 1

Na Galega feminina a xornada número 25 citaba ao Milagrosa e ao PM Friol para celebrar o seu segundo derbi lucense. Porén, os dous conxuntos da provincia adiaron o seu encontro para o xoves. No partido de ida, o resultado fora un empate a un.

Consulta a clasificación aquí

Resultados xornada 25

Victoria 6 0 Pastoriza
Amistade 5 0 Santa Cruz
O Val 9 0 Cerqueda
Orzán 7 0 Bergantiños
Milagrosa A PM Friol
Órdenes 0 0 Lalín
Cambre 0 0 Dumbría
  D Silva

Próxima xornada

Santa Cruz - - Pastoriza
Cerqueda - - Amistade
Bergantiños - - O Val
PM Friol - - Orzán
Lalín - - Milagrosa
Dumbría - - Órdenes
Silva - - Victoria CF
  D Cambre