O Lugo infantil apura a Liga cunha vitoria ante o Santa Mariña con hat trick de Óscar Fustes

O cadete non puido facer fronte á superioridade do Celta e caeu derrotado a domicilio por 3-0

División de Honra Cadete

Derrota do Lugo cadete ante un dos equipos fortes da competición, o Celta. Os de Diego Seoane caeron por 3-0 e baixa á oitava praza da competición coa permanencia máis que asegurada e a dúas semanas do fin da competición.

Partido moi complicado para os lugueses, ante un Celta que foi xusto vencedor porque dominou en todos os niveis, con balón e sen balón, aínda que poucas veces o perderon. Non deron axustado os lugueses a presión á que os someteron os rivais pero aínda así dispuxeron de dúas ocasións a balón parado que non executaron ben e que non supuxeron perigo na primeira parte. Na segunda tamén dispuxeron dunha pero cando o marcador xa estaba completo co 3-0.

Consulta a clasificación aquí

CELTA 3 - 0 LUGO

RC Celta: Eric, Gonzalo, Yago, Pablo M, Pablo P, Noah, Pedro, Mateo S, Jorge, Xavi e Mateo P. Tamén xogaron Saúl, Iker, Hugo, Pablo A e Bruno.
CD Lugo: Antón, Marcos, Jesús, Hugo, Pablo, Sergio M, Sergio O, Jesús, Brais, Gael e Lucas. Tamén xogaron Raúl, Daniel e Arón.
Goles: Mateo P, Pedro e Pablo A polos locais.
Árbitro: Juan Luis Dávila Fernández.


Resultados xornada 32

Victoria 2 1 Areosa
Xuventude Oroso 2 0 Ferrol
Pabellón Ourense 1 0 Rápido de Bouzas
San Tirso 2 2 Deportivo
Celta 3 0 Lugo
Arousa 1 1 Conxo
Val Miñor 0 2 UD Ourense
Coruxo 1 3 Salgueiriños
Ural 2 3 Montañeros

Próxima xornada 

Victoria - - Montañeros
Areosa - - Xuventude Oroso
Ferrol - - Pabellón Ourense
Rápido de Bouzas - - San Tirso
Deportivo - - Celta
Lugo - - Arousa
Conxo - - Val Miñor
UD Ourense - - Coruxo
Salgueiriños - - Ural

 

División de Honra Infantil

O Lugo infantil xa tiña asegurada a permanencia e esta fin de semana reafirmouse cun 3-0 sobre o Santa Mariña, unha vitoria que deixa ao equipo na decimo terceira praza pero a nove puntos xa do descenso na que é a penúltima xornada de Liga regular.

Un hat trick de Óscar Fustes foi o responsable desta vitoria, na que o primeiro gol chegou xa aos cinco minutos do inicio do partido cun tiro cruzado. Foron superiores os lugueses nesta primeira parte xa que o rival practicamente non xerou perigo.

Completou este lugués o seu palmarés persoal poucos minutos despois de reiniciado o segundo tempo cun gol moi parecido ao primeiro, e a tres minutos do final, nunha contra que remata desde o punto de penalti.

O rival só tivo unha opción clara na segunda parte nun córner ao segundo pau e o Lugo dispuxo doutras dúas, un tiro de Anxo á cruceta e outra de Iago que acaba no largueiro.

Consulta a clasificación aquí

LUGO 3 - 0 SANTA MARIÑA

CD Lugo: Raúl, Iker, Jorge, Nicolás, Óscar, Iago, Anxo, Asier, Manuel, Carlos e Martín. Tamén xogaron Miguel, Germán, Joaquín, Jesús e Brais.
UD Santa Mariña: Hugo, Marco, Iago, Raúl, Xabier, Asier, Pablo, Thiago, Roi, Anxo e Javier. Tamén xogaron Antón, Matías, Ian, Aarón e Mteo.
Goles: Óscar (3) para os locais. 
Árbitro: Ca.
 
 
Resultados xornada 29
Lérez 3 1 Portero 2000
Pabellón Ourense 0 5 Arousa
Val Miñor 6 0 Bertamiráns
San Tirso 2 3 Escola DSF
Victoria 4 1 Ural
Areosa 0 1 Conxo
Deportivo 2 3 Celta
Lugo 3 0 Santa Mariña
Próxima xornada 
Arousa - - Lérez
Bertamiráns - - Pabellón Ourense
Escola DSF - - Val Miñor
Ural - - San Tirso
Conxo - - Victoria
Celta - - Areosa
Santa Mariña - - Deportivo
Portero 2000 - - Lugo