A Piringalla faise co título de campión de Copa na Madalena ante o Viveiro

Malos resultados para os dous equipos que estiveron o sábado no campionato galego, A Piringalla e o Polvorín, que só sumaron un punto no empate entre eles

Copa Deputación

Non puido A Piringalla levarse o título de Liga, xa que o Polvorín impediullo, pero si se leva a Copa Deputación, que obtivo este domingo no campo da Madalena nunha durísima final ante o Viveiro.

O equipo laranxa sacou un resultado avultado en cuartos ante o Vilalbés e pasaría á final na quenda de penaltis ante o Milagrosa para chegar á final ante un Viveiro que tamén foi un gran goleador en cuartos (0-6 ao Santiago de Foz) e pasou deu o último paso cun resultado máis axustado (2-4 á Sarriana).

Con este resultado o equipo laranxa, que fixo unha gran tempada, sácase a espiña da Liga, na que foi campión invicto do seu grupo na primeira fase e logo tivo que conformarse con ser segundo na Promoción. De feito, clasificouse para xogar o Campionato Galego, que disputou tamén este sábado. Nesta sesión acadou un  punto do empate sobre o Polvorín, equipo co que compartiu grupo e que nesta quenda de Copa quedou eliminado na fase de cuartos ao perder nos penaltis coa Sarriana.

O subcampión da Copa quedou segundo na primeira fase da Liga e  na Promoción tivo que contentarse coa terceira praza, a tres puntos do Piringalla, que tamén lle gañou pola man deixándoo fóra do Campionato Galego.

 
Cuartos
Vilalbés 1 5 A Piringalla
Milagrosa 6 3 Abuín
Polvorín 2 2 Sarriana
Santiago de Foz 0 6 Viveiro

Semifinal

A Piringalla 3 3 Milagrosa
Sarriana 2 4 Viveiro

 Final

A Piringalla 3 2 Viveiro

 

OS XOGADORES

Rácing Club Vilalbés: Simón, Ismael, Lucas, Sergio, Iker, Pedro, Martín, Lorenzo, Leo e Samuel.
ADC A Piringalla: Thiago, Diego, Pelayo, Daniel, Samuel, Bruno, Martiño, Sergio, Pablo, Izan, Álex, Adrián, Óliver, Mateo.
SDC Milagrosa: Roque, Taofiq, Sergio, Xabi, Matías, Mateo, Gabriel, Xabier, Hugo I, Hugo P e Adam.
Atlético Abuín: Lucas, Adrián, Luis Izan, Martín, Matel, Mauro, Pablo, Mateo, Roi, Alejandro, Mario e Saúl.
EF Polvorín: Miguel, Santiago, Antón, Cristóbal, Adrián F, Brais, Adrián G, Martín, Pedro, Mateo, Diego e Leo.
SD Sarriana: Martín, Fabián, Ángel, Fiz, Enzo, Héctor, Martín, Óliver, Iago, Matías, Iker, Jorge e Jaime.
AD Santiago de Foz: Mateo, Enzo,  Xavi, Roi, Pablo, Xabier, Aitor, Edgar, Noel, Yoel, Martín, Yeray, Hugo e Manuel.
SD Viveiro: David, Matías, Erick, Cristian, Jan, Thiago, Brais, Aurelio, Iago B, Iago V, Omar, Guillermo e Mauro.

 

Campionato Galego

No caso dos benxamíns, A Piringalla e o Polvorín compartiron grupo no Campionato Galego e ningún dos dous foi quen de sumar unha vitoria e cando xogaron entre eles empataron a 3 goles. Así, quedan os tres nas dúas últimas posicións da clasificación e non xogarán a fase final. A diferencia entre eles, foi que o equipo amarelo encaixou máis goles.

Fase intermedia

Club Campo B 2 1 Polvorín
Polvorín 0 3 Victoria
Polvorín 0 5 Villestro
A Piringalla 3 3 Polvorín
Club Campo B 2 1 A Piringalla
A Piringalla 0 2 Villestro
Victoria 2 0 A Piringalla
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Villestro 12 4 4 0 0 15 5
Victoria 9 4 3 0 1 10 3
Clubo de Campo B 6 4 2 0 2 9 12
Piringalla 1 4 0 1 3 4 9
Polvorín 1 4 0 1 3 4 13

 

 

 

Primeira Galicia Ourense

Última sesión para o grupo de consolación da Primeira, na que o Monforte acabou cunha goleada avultada ao pechacancelas, o Pereiro de Aguiar (9-0), e adianta ao ED Calasancio na táboa, que, pola contra, encaixou tamén un amplo resultado en contra (9-1) co Arenteiro.

GRUPO B1

Resultados xornada 14

Pabellón Promesas 1 3 Barbadás
Monforte 9 0 Pereiro Aguiar
Arenteiro 9 1 ED Calasancio
Celanova 3 1 Bosco
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Pabellón Promesas 32 14 10 2 2 64 25
Barbadás 28 14 9 1 4 70 33
Celanova 27 14 8 3 3 44 28
Arenteiro 21 14 7 0 7 62 43
Monforte 20 14 6 2 6 49 51
ED Calasancio 18 14 5 3 6 45 47
Bosco 16 14 5 1 8 33 45
Pereiro Aguiar 0 14 0 0 14 12 107

 

 

 

Segunda Galicia Ourense

Tamén remata a competición en Segunda. O Calasancio B finaliza con vitoria sobre o Barbadás C (3-1) e na quinta praza da táboa do grupo B2, que estivo moi igualado nos catro primeiros postos.

Terceira praza final para o ED Calasancio B no grupo B3, no que finalizou cunha derrota apertada contra o Barbadás B (5-6), co que competía pola segunda praza e que finalmente foi para o visitante.

GRUPO B2

Resultados xornada 14

Santa Teresiña 6 2 Pabellón Promesas B
Pereiro de Aguiar B 0 6 Cortegada
Calasancio B 3 1 Barbadás C
  D Celanova B
 
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Santa Teresiña 27 12 9 0 3 48 30
Cortegada 24 12 8 0 4 37 20
Pabellón Promesas B 24 12 8 0 4 44 32
Pereiro de Aguiar B 22 12 7 1 4 46 42
Calasancio B 16 12 5 1 6 34 37
Celanova B 12 12 4 0 8 25 38
Barbadás C 0 12 0 0 12 10 45

 

GRUPO B3

Resultados xornada 10

A Purísima C 7 0 Maceda
Cea 7 4 Arenteiro B
ED Calasancio B 5 6 Barbadás B
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
A Purísima C 30 10 10 0 0 50 14
Barbadás B 19 10 6 1 3 35 34
ED Calasancio B 15 10 5 0 5 45 29
Cea 13 10 4 1 5 41 38
Maceda 7 10 2 1 7 23 52
Arenteiro B 4 10 1 1 8 24 51