Dobrete para o Lugo, que gañou ante o Casás a Copa Deputación para repetir os resultados da Liga

Lugo e Casás pasan a fase intermedia do Campionato Galego con derrotas e empates polo que quedan fóra da fase final

Copa Deputación

O Lugo fixo dobrete este domingo sumando ao título de campión de Liga o de campión da Copa Deputación e fíxoo ante o Casás, que tamén foi segundo na última fase da competición ligueira e queda subcampión tamén nesta.

Os albivermellos mostraron superioridade no marcador en todo momento. Así superaron os cuartos con vitoria (0-2) sobre o Santiago de Foz e sobre o Piringalla na semifinal (3-0). Pola súa banda, o Casás venceu ao Porto Burela por un apertado 1-2 e despois ao Residencia (0-2).

Ámbolos dous equipos viñan de xogar o sábado tamén a Fase Intermedia do Campionato Galego, no que o Lugo logrou dous empates no grupo A mentres que o Casás no puido sumar no B e pechou a lista. Ningún dos dous, por tanto, xogará a Fase Final, a próxima fin de semana.

Os dous equipos fixeron unha gran tempada. De feito, o equipo albivermello finalizou invicto e cunha ampla vantaxe de 9 puntos en dez partidos sobre o seu conxunto amarelo. Os dous compartiron grupo tamén na primeira quenda da competición, na que a diferenza foi menor, de 6 puntos, pero o Lugo tampouco fixo outra cousa que gañar.

Cuartos
Residencia 3 1 Vilalbés
Porto Burela 1 2 Casás
Santiago de Foz 0 2 Lugo
A Piringalla 1 0 Lugo B

Semifinal

Residencia 0 2 Casás
Lugo 3 0 A Piringalla

Final

Casás 0 3 Lugo

 

OS XOGADORES

SD Residencia: Luca, Ángel, David, Heitor, Bruno, Jaime, Manuel, Unai, Adrián V, Adrián F, Daniel, Samuel, Juan e Massimo.
Rácing Club Vilalbés: Iago, Lucas, Xoel, Samuel G, Adrián, Martín, Rubén, Anxo, Xurxo, Teo, Iker, Xabier e Samuel V.
SD Porto Burela: Carla, Óscar G, Leonard, Óscar R, Izan R, Izan P, Jorge, Miguel, Lucas, Álvaro e Milagros.
Club Polideportivo Casás: Álvaro, Enzo, Pablo, Bruno, Hugo, Óliver, Telmo, Álex, Nicolás L, Sebastián, Nicolás V, Santiago e Iker.
AD Santiago de Foz: Adrián, Marcos, Eneko, Jesús, Darío, Pablo L, Álvaro, Pablo M, Sergio, Asier, Anxo, Day, Mateo e Luis.
CD Lugo: Martín, Ossian, Alberto, Sergio, Rodrigo, Samuel, Yoel, Mauro, Matías, Pedro, Hugo, Pablo e Gael.
ADC A Piringalla: Álvaro, Antón, Xabier, Bruno, Iker, Manuel, Uriel, Mauro, Iker V, Suhayb, Adrián e Mateo.
CD Lugo B: Nico, Xoel, Iago, Bruno, Adriano, Santiago, Pablo, Leo, Roberto, Álex M, Álex V, Leo, Thiago e Enzo.
 

 

Campionato Galego

Lugo e Casás participaron este sábado no Campionato Galego como os dous primeiros clasificados do grupo e ámbolos dous quedaron fóra da fase final. O Lugo, que xogou no grupo A, caeu ante o Deportivo e o Conxo pero empatou co Bertamiráns e o Carnota. Rematou na cuarta praza.

O Casás pola súa banda non puido sumar e ningún dos catro partidos que disputou e rematou na última praza do grupo B. Ningún dos dous xogará a fase final.

Fase intermedia Grupo A

Lugo 0 1 Deportivo
Conxo 2 0 Lugo
Lugo 0 0 Bertamiráns
Carnota 2 2 Lugo

Clasificación

Equipo PT X G E P GF GC
Deportivo 12 4 4 0 0 9 1
Bertamiráns 7 4 2 1 1 9 4
Conxo 6 4 2 0 2 9 3
Lugo 2 4 0 2 2 2 5
Carnota 1 4 0 1 3 3 19
 

 

 
Fase intermedia Grupo B
Casás 1 2 Ferrol
Calasanz 4 0 Casás
Cidade Ribeira 4 1 Casás
Casás 0 4 Sada

Clasificación

Equipo PT X G E P GF GC
Sada A 12 4 4 0 0 9 0
Calasanz 9 4 3 0 1 14 5
Cidade de Ribeira 4 4 1 1 2 7 9
Ferrol 4 4 1 1 2 5 9
Casás 0 4 0 0 4 2 14

 

Primeira Galicia Ourense

Última sesión para o grupo de consolación da Primeira,  no que o ED Calasancio está terceiro e ten a oportunidade de rematar segundo se vence ao Pereiro de Aguiar, último do grupo, no último partido, que está aprazado para o luns á tarde.

O Monforte, penúltimo, acabou a tempada con derrota, 4-0 ante o Celanova.

 

GRUPO B1

Resultados xornada 18 

Velle 4 7 Arenteiro
ED Calasancio A Pereiro de Aguiar
Pol. San Ciprián 2 3 Verín
Celanova 4 0 Monforte
Terras de Maside 1 3 Santa Teresiña

Clasificación

Equipo PT X G E P GF GC
Pol. San Ciprián 42 18 14 0 4 63 26
Terras de Maside 40 18 13 1 4 55 33
ED Calasancio 37 17 12 1 4 51 26
Santa Teresiña 35 18 11 2 5 59 25
Arenteiro 27 18 9 0 9 55 49
Verín 26 18 8 2 8 45 54
Celanova 24 18 7 3 8 49 41
Velle 19 18 6 1 11 48 52
Monforte 7 18 2 1 15 34 108
Pereiro Aguiar 4 17 1 1 15 33 78

 

Segunda Galicia Ourense

O grupo B3 é o ultimo en rematar este ano, xa que aínda lle queda unha xornada máis. Nesta penúltima sesión os equipos da provincia volvero a casa con dúas derrotas. O ED Calasancio B caeu 4-0 a domicilio co Cea e o Monforte B perdeu no Luis Bodegas ante o Terras de Maside B por 1-3, polo que volve á última praza da táboa. O equipo dos Escolapios segue tamén na parte fonda. Rematarán a tempada cun derbi monfortino.

GRUPO B3

Resultados xornada 17

Xinzo B 2 2 Santa Teresiña B
Monforte B 1 3 Terras de Maside B
Cea 4 0 ED Calasancio B
Cented Academy 2 2 San Ciprián B
  D Bosco B
 
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Cented Academy 44 15 14 2 0 93 26
Santa Teresiña B 29 15 8 5 2 57 36
Cea 27 15 8 3 4 43 41
Pol. San Ciprián B 25 15 7 4 4 46 29
Bosco B 20 15 6 2 7 49 46
Xinzo B 15 15 4 3 8 38 59
ED Calasancio B 12 15 4 0 11 27 69
Terras de Maside B 12 15 4 0 11 34 56
Monforte B 10 15 3 1 11 28 53

Próxima xornada

Santa Teresiña B - - Bosco B
Terras de Maside B - - Xinzo B
ED Calasancio B - - Monforte B
San Ciprián B - - Cea
  D Cented Academy