Primeiro contacto PSOE-Por Viveiro pero polo de agora só "para falar"

Os independentes e a alcaldesa recoñecen que non houbo nada en firme malia que María Loureiro apunta que é preciso ter en conta que os veciños queren un goberno de esquerdas
La alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. JOSÉ Mª ÁLVEZ (AEP)
photo_camera A candidata socialista e alcaldesa en funcións, María Loureiro. AEP

O PSOE e Por Viveiro mantiveron no complexo Las Sirenas de Covas o seu primeiro encontro formal para falar da composición do novo goberno municipal, onde os  independentes teñen na súa man a decisión de quen será a nova alcaldesa, se Mariña Gueimunde do PP, que obtivo sete actas, ou a socialista María Loureiro, con cinco ás que confía poder sumar as tres do BNG e o apoio dos dous edís de Por Viveiro, ben entrando no goberno ou apoiando a súa investidura.

"Os veciños queren un cambio pero dentro da esquerda, un goberno de coalición e forte", asevera a rexedora en funcións, quen lembra  a súa intención de "intentar formar goberno, como partido máis votado da esquerda e porque a esquerda suma dez edís dos 17 da corporación", asegurou Loureiro.

Definiu este primeiro encontro con Por Viveiro como "unha simple toma de contacto: Sabemos que eles son a chave pero tampouco concretamos nada. Estamos abertos a todas as posibilidades con eles, como pode  ser formar parte do goberno, e estamos dispostos a sentarnos e a negociar" en vindeiras reunións que retomarán a semana que vén, trasladou María  Loureiro. 

Dende Por Viveiro Manuel Galdo coincidiu en que o encontro deste sábado foi "unha primeira toma de contacto, sen propostas por ningunha das partes, onde cada formación manifestou o ánimo a seguir falando con propostas máis claras para ir vendo os posicionamentos na segunda reunión, que será a mediados da  semana que vén".

O independente lembra que a súa formación está "aberta a todas as posibilidades" e así llo  trasladou onte á delegación socialista, igual que fixo o venres na súa reunión co equipo do Partido Popular. Loureiro tamén precisa do apoio do BNG para formar un goberno de esquerdas pero aínda non houbo reunións formais entre os dous grupos. "Tivemos contactos dúas veces pero sen concretar, sen falar de formación de goberno nin e concellerías. A candidata tamén está disposta a que haxa un goberno de esquerdas e sentarémonos", afirma. 

Máis en Elecciones Municipales 28M
Comentarios