O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, proseguirá esta semana a súa intensa axenda de campaña que lle levará a visitar 17 localidades e 10 comunidades autónomas. O broche final desta semana porao en Valencia o domingo cun mitin na praza de touros desta cidade, no que o partido prevé reunir a máis de 10.000 persoas, segundo informou a formación.
Antes, unha das comunidades na que recalará é a súa natal, onde foi presidente da Xunta durante 13 anos: Galicia. A súa axenda inclúe actos en tres das catro provincias e prevé visitar Lugo, Pontevedra e Ferrol o venres que vén. A única provincia galega que quedará fóra da axenda do xefe de filas dos populares é a de Ourense, co que, salvo sorpresa, non haberá foto co líder provincial e presidente da Deputación, Manuel Baltar, envolvido na polémica e nun procedemento xudicial tras ser cazado a 215 quilómetros por hora ao volante dun coche da institución provincial que dirixe.
Feijóo estará nas tres cidades galegas o venres.