viernes. 24.01.2020 |
El tiempo
viernes. 24.01.2020
El tiempo

Xunta, patronal, UGT e CC.OO. alíanse nun pacto que promove a igualdade e a transición enerxética xusta

Xunta, sindicatos e CEG, na sinatura do acordo. AGN
Xunta, sindicatos e CEG, na sinatura do acordo. AGN

Xunta, Confederacion de Empresarios de Galicia (CEG) e os sindicatos UGT e CC.OO. asinaron este martes un pacto de diálogo social baseado en once acordos. Teñen especial relevancia os relacionados coa igualdade de xénero no traballo —en materia salarial, de formación...— e coa transición enerxética xusta.

O pacto inclúe, ademais, o acordo de apoio aos maiores de 45 anos que quedan no paro e unha liña de axudas para impulsar os contratos de remuda nas empresas. Tamén se promoverá a industria 4.0 ou a resolución extraxudicial de conflitos laborais.

O acto tamén serviu como altofalante para expresar a preocupacion xeral de Xunta, CEG e sindicatos pola crise da industria galega derivada do problema enerxético.

Xunta, patronal, UGT e CC.OO. alíanse nun pacto que promove a...
Comentarios