A Xunta achega 9 millóns de euros a 80 proxectos para mellorar a acuicultura

O 76% das axudas están dirixidas ao sector do mexillón

El sector del mejillón aporta la mayor parte de la producción de la acuicultura en Galicia. EP
photo_camera O mexillón copa en Galicia a produción acuícola. EP

A Consellería do Mar aprobou axudas por un valor de 9 millóns de euros para 80 proxectos de mellora da acuicultura, que permitirán mobilizar un investimento global de 27,6 millóns de euros. 

Así o sinalou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante unha visita a unha batea da ría de Arousa pertencente á empresa Barlovento, dedicada ao cultivo e transformación do mexillón. 

Segundo informou a Xunta nun comunicado, ao encontro tamén asistiron a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez. 

Neste contexto, Rosa Quintana destacou que "do mesmo xeito que en anos anteriores, a maioría dos proxectos aos que lle foi aprobada a axuda, é dicir, máis do 76%, pertencen ao sector do mexillón", que supón, engadiu, "máis do 95% da produción total da acuicultura de Galicia". 

Así mesmo, a conselleira asegurou que todas as solicitudes que cumprían os requisitos na convocatoria de 2018 recibiron a subvención. O orzamento total desta liña de axudas foi cofinanciado co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

comentarios