A vivenda vacacional vive un deas os seus descensos máis intensos en Lugo

Cádiz, Huelva, Pontevedra, Asturias e Vizcaia, entre os municipios nos que miás notan a recuperación do mercado vacacional nos primeiros meses de 2021 
Urbanizaciones en Barreiros. ÁLVEZ (AEP)
photo_camera Urbanizacións en Barreiros. ÁLVEZ (AEP)

O segmento de vivenda vacacional mantivo un certo nivel de actividade e mostrou "unha maior resistencia" que o mercado de primeira residencia na costa durante o primeiro ano transcorrido desde o inicio da pandemia, e, especialmente, nos primeiros meses de 2021. 

É unha das conclusións do informe Vivenda en Costa 2021, elaborado pola empresa de valoración inmobiliaria Tinsa, que reflicte que, nun mercado atípico marcado polo descenso de operacións, dous terzos dos municipios de costa rexistraron caídas interanuais de prezo no primeiro trimestre de 2021. 

"O descenso das compravendas foi máis atenuado no segmento de segunda residencia, con axustes de prezos na súa maioría por baixo do 5%. Incluso se identificaron tendencias alcistas puntuais nalgunhas localizacións", apunta Andrea da Fouce, analista senior do Servizo de Estudos de Tinsa. 

"A actividade promotora rexistrou cifras positivas xeneralizadas para as tipoloxías unifamiliares e un número significativo de zonas mostra crecemento do número de visados totais", afirma. 

Unha primeira análise global revela que, en opinión dos técnicos, o mercado vacacional mantivo en 2020 un nivel de actividade similar ao do ano anterior nun 46,4% das zonas, mentres que noutro 52,9% a actividade foi inferior.

Con todo, os técnicos destacan que nos primeiros meses de 2021 produciuse unha recuperación "moderada" do mercado de vivenda vacacional nun 66% das zonas. 

A recuperación alcanza a cualificación de "notable" nun 3,4%, mentres que noutro 22,6% o nivel de actividade seguiría sendo inferior ao do ano anterior. Os enclaves onde se apunta a unha recuperación "notable" do mercado de vivenda vacacional nos últimos meses localízanse nas costas de Cádiz, Huelva, Pontevedra, Asturias e Biscaia.

OUTROS DATOS. A estatística reflexa caídas de dobre díxito nunha trintena de municipios, entre os que destacan Sant Lluis, en Menorca (-29 %), Sóller, en Mallorca (-23,8%), San Bartolomé de Tirajana, nas Palmas (-19,6%); Moaña, en Pontevedra (-18%) e Piélagos, en Cantabria (-16,9 %).

Dentro do 33% de municipios que incrementaron o valor medio da vivenda terminada entre o primeiro trimestre de 2020 e 2021 destacan con marcadas subidas Capdepera, en Mallorca (+48%), Candelaria, en Tenerife (+21,3%), Salobreña, en Granada (+15,9%), Teguise, en Lanzarote (+15,5%) e Manacor, en Mallorca (+13,7%). 

Excluíndo as capitais de provincia, os municipios con prezos máis elevados son Sitges, con 3.641725 euros /m², que supera nesta edición a Eivissa capital (3.461 euros /m²) como o municipio de costa máis caro. 

Séguenlles Castelldefels (3.007 euros /m² ), Getxo (2.918 euros /m²) e Calvià (2.754 euros /m²). No extremo contrario, os prezos máis baixos localízanse en municipios da Comunidade Valenciana. Oliva, na provincia de Valencia, encabeza a lista de localidades de costa máis baratas (607 725 euros /m² ), seguida das castellonencas Almanzora (695 euros /m²) e Burriana (725 euros /m²), da murciana A Unión (742 euros /m²) e de Benicarló (808 euros /m²), en Castelló. 

Os mercados que experimentaron os descensos máis intensos, segundo os técnicos, localízanse en Valencia (na costa entre Canet d'en Berenguer e Alboraia), en Alacante (entre Calpe e Pilar da Horadada), así como en Gran Canaria e a provincia de Lugo. 

Nun 24% das zonas apúntase a un incremento das compravendas de vivenda vacacional, entre elas emprazamentos en Cádiz, Huelva, Pontevedra e nas costas occidentais de Asturias e Almería.

Excluíndo as capitais de provincia, Orihuela foi o municipio de costa que máis visados de obra nova aprobou en 2020 (629, un 27 % menos), segundo datos do Ministerio de Transportes. Séguenlle Marbella (596 visados, + 8 %), Xixón (580, +31 %), Vigo (507, +48 %), Estepona (469, -71,9 %), Arona (440, +74 %) e Motril (399, +50,6 %). 

Comentarios