miércoles. 08.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.04.2020
El tiempo

UUAA dá 48 horas a Lidl para retirar os iogures a 8 céntimos

O supermercado Lidl.
O supermercado Lidl.
Se non acceden á súa petición Iniciará "unha campaña directa de denuncia nas propias superficies comerciais"

Unións Agrarias (UUAA) denunciou este xoves que a cadea de distribución Lidl está a ofertar iogures da marca Milbona a 8 céntimos a unidade e advertiu que, de non retirala nun prazo de 48 horas, iniciará "unha campaña directa de denuncia nas propias superficies comerciais".

En todo caso, UUAA xa está a iniciar os trámites para trasladar este caso á Axencia de Información e Control Alimentarios e propor que se abra un expediente sancionador á cadea alemá de supermercados "por introducir no mercado galego produtos en clara situación de venda a perdas".

"Estamos ante un caso vergoñoso de uso do leite como produto reclamo que causa aínda máis indignación ao facer coincidir o seu lanzamento coa reclamación por parte dos gandeiros de prezos xustos para a produción láctea", explicou o sindicato a través dun comunicado.

Unións Agrarias xa advertira de que este tipo de accións "especulativas" por parte das grandes superficies "íanse a propagar de xeito exponencial ante a falta de cobertura legal que sofre a base produtora", que se atopa nunha situación de "indefensión" ante "a falta de elementos reguladores como a figura dun mediador ou un réxime de sancións duro que castigue os especuladores".

Neste sentido, o sindicato esixiu á Xunta de Galicia e ao Goberno central que impoñan un criterio de tolerancia "cero" contra a venda a perdas, emprazando a ambas as -dúas institucións a ir "máis aló das grandes declaracións de apoio ao sector" e pasen a facer "o seu traballo de fiscalización destas actividades comerciais devastadoras".

Para rematar, UUAA tamén fixo un chamamento aos consumidores para que fagan unha compra "responsable e solidaria" coas familias de gandeiros "que teñen que malvender a súa produción para que os donos de multinacionais como Lidl sigan engordando as súas contas bancarias".

"Os afiliados e afiliadas de Unións Agrarias manterán unha actitude vixiante nos distintos centros comerciais para denunciar publicamente a aqueles que atentan contra a dignidade dos produtores lácteos de Galicia", resolveu. 
 

UUAA dá 48 horas a Lidl para retirar os iogures a 8 céntimos
Comentarios