Os traballadores afectados por un Erte en Lugo ascenden a 12.266

En total activáronse 3.447 Expedientes de Regulación Temporal de Emprego na provincia. A cifra en Galicia é de 28.814
ELP1310P49F1
photo_camera Un comercio pechado

A provincia de Lugo conta con 12.266 traballadores afectados nun total de 3.447 Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (Erte), segundo datos da Xunta este mércores. En total, Galicia conta con 151.141 traballadores afectados nun total de 28.814 Ertes.

Respecto das cifras do martes, tanto os expedientes de regulación como os empregados inmersos crecen preto dun 4% na comunidade galega.

Por provincias, Pontevedra segue como a que ten máis empregados afectados (60.628), cun total de 9.932 expedientes. Na Coruña son 50.130 afectados en 11.004 Erte. En Ourense, hai 14.142 afectados en 3.559 Erte. Lugo é a provincia cun menor impacto en cifras globais.

Os expedientes a nivel autonómico soben a 838 e xa rozan os 14.000 empregados. A nivel estatal hai 34 activos, pero sen datos sobre traballadores.

Comentarios