Torre de Núñez, entre as empresas tractoras da primeira aceleradora do sector alimentario galego

BFFood persegue consolidar o tecido empresarial e industrial do sector galego, achegar solucións innovadoras ao mercado e atraer talento nacional e internacional.

Presentación de la BFFood, la primera aceleradora del sector alimentario de Galicia. EP
photo_camera Presentación da BFFood, a primeira aceleradora do sector alimentario de Galicia. EP

O pasado venres presentouse na Cidade da Cultura a Business Factory Food (BFFood), a primeira aceleradora do sector alimentario de Galicia. Promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado (Xesgalicia) e da Axencia Galega de Innovación (Gain), BFFood nace para impulsar e consolidar novas empresas que acheguen solucións innovadoras ao mercado, afianzar o tecido empresarial e industrial do sector galego e atraer talento nacional e internacional.

Entre as empresas tractoras do sector da alimentación en Galicia que dan o seu apoio á aceleradora atópase Torre de Núñez. Tal e como explica o Director Xeral da compañía, José Manuel Torre, "a empresa leva no seu ADN a creación de riqueza na nosa contorna. Hai que pensar que só en Lugo, a nosa empresa xera a día de hoxe máis de 110 postos de traballo directo e estable".

En canto á creación da aceleradora, comenta que é "unha gran iniciativa". "Apoiar e animar aos emprendedores a presentar iniciativas que axuden a mellorar distintas áreas de traballo dentro da empresa galega de alimentación é unha satisfacción", explica o reponsable de Torre de Núñez. 

Doutra banda, José Manuel Torre asegura que “facer país xunto a compañías líderes como  Calvo, Pescanova, Martin Codax, Quescrem, Kiwi Atlántico, CLUN Cooperativas Lácteas Unidas e Cravo, é un motivo de orgullo para nós”. 
 

Comentarios