A téxtil británica Asos esborrállase en Bolsa e arrastra a outros grupos como Inditex

A acción do grupo de Arteixo sitúase nun mínimo anual de 23,6 euros

Bolsa de Madrid. EFE
photo_camera Bolsa de Madrid. EFE

Inditex retrocedeu este luns un 3,87% en Bolsa, o que arrastrou a acción a un mínimo anual de 23,6 euros. Con esta evolución, no que vai de 2018 o xigante da moda de Arteixo acumula unha caída do 18,2%. O castigo que experimentou a cadea galega hai que enmarcalo nunha xornada aciaga para o sector despois de que a británica Asos anunciase unha revisión á baixa das súas previsións. Tras baixar prezos para competir cos seus rivais, a téxtil non viu crecer as súas vendas online, sufrindo incluso un retroceso en novembro. O anuncio custoulle onte a Asos un 37,55% en Bolsa. 

Tamén sufriron os títulos do portal de moda Zalando (-11,6%) e os da sueca H&M (-8,5%). Analistas consultados por Efe apuntaron un certo contaxio, visto que todo o sector está exposto a factores como a climatoloxía, os incrementos de custos, o efecto divisa ou o ciclo económico. 
 

Comentarios