Suspendido ata este martes o pleno do Supremo sobre o imposto das hipotecas

Os maxistrados interromperon a sesión tras oito horas de deliberación

Fachada del Tribunal Supremo. ARCHIVO
photo_camera Fachada do Tribunal Supremo

O pleno da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo continuará este martes a súa reunión sobre o imposto de actos xurídicos documentados (AJD) das hipotecas, interrompida tras oito horas de deliberación.

Cunha pausa para o xantar, os 28 maxistrados reunidos —dos 31 que forman o pleno un ausentouse por atoparse de viaxe, outro por presidir a Xunta Electoral Central e un terceiro, tras alegar motivos persoais— retomarán este martes a partir das 10.00 horas a análise da recente sentenza que facía recaer nas entidades financeiras o pago do imposto de actos xurídicos documentados (AJD) das hipotecas, pero non especificaba o seu alcance.

A sentenza non precisaba se a banca debe asumir a citada taxa a partir de agora ou, pola contra, facelo tamén coas hipotecas subscritas nos últimos catro anos —prazo de prescrición do imposto— ou incluso con aquelas asinadas con anterioridade a esa data. 

Comentarios