Os traballadores de Veolia, que se encargan do servizo de mantemento de Inditex, acordaron suspender temporalmente a folga que mantiñan e as mobilizacións tras chegar a un preacordo coa empresa sobre as principais demandas sociais, segundo informa a CIG.
En concreto, refírese á recolocación do compañeiro despedido e o recoñecemento do dereito á subrogación do persoal de Veolia destinado aos centros de Inditex.
Tras 19 días en folga, a central nacionalista avisa de que aínda está en fase de negociación a aplicación do plus de centro de traballo, así como diversos aspectos do convenio colectivo que se abordarán nunha reunión prevista para a próxima semana.