O prezo do combustible dispárase en Galicia nos primeiros días de Semana Santa 

A comunidade é xa a segunda máis cara do país para encher o depósito, só por detrás de Baleares

Una estación de servicio. EP
photo_camera Unha estación de servizo. EP

Os prezos dos combustibles experimentaron unha subida do 1,58% nos primeiros días de Semana Santa, segundo unha análise da páxina de aforro online Cuponation. 

En Galicia, indica, o prezo da gasolina sen chumbo 95 aumentou desde o venres da semana pasada 1,7 céntimos por cada litro, ata situarse nos 1,281 euros o litro. 

Para a gasolina sen chumbo 98 o aumento foi do 2,16%, ou o que é o mesmo, de case tres céntimos ata alcanzar os 1,338 euros o litro. 

O prezo do gasóleo A abaratouse un 0,90% desde o venres da semana pasada, ata quedar nos 1,126 euros o litro, de acordo con estes datos. 

Mentres, o prezo do gasóleo A+ subiu máis en comparación coa semana pasada, algo máis de tres céntimos de euro, ata situarse nos 1,406 euros o litro. 

Deste xeito, destaca este estudo que Galicia se converte na comunidade máis cara dentro da Península e a segunda do país, por detrás de Baleares". 

A Coruña, indica, é a provincia máis cara para encher o depósito de gasolina, Lugo é a menos económica para facelo con gasóleo A e Pontevedra para o gasóleo plus. Engade que Ourense ten os combustibles máis baratos de Galicia: encher nesta provincia pode implicar un aforro de ata 2,5 céntimos por litro en gasolina e ata dous céntimos en gasóleo. 

Comentarios