SLG apunta que as granxas galegas perderon 66 millóns de euros polo prezo do leite

O prezo medio das explotacións galegas foi de 31,9 céntimos de euro, un valor por baixo da media europea, que está nos 35,56

Una explotación láctea.AEP
photo_camera Unha explotación láctea.AEP

As granxas galegas perderon o ano pasado uns 66 millóns de euros debido aos baixos prezos da leite, por baixo da media europea, segundo cálculos do Sindicato Labrego Galego (SLG).

O prezo medio percibido polas explotacións lácteas galegas foi de 31,9 céntimos de euro, segundo o citado sindicato, un nivel similar ao de países como Bulgaria, Romanía, Hungría, Lituania, Portugal e Eslovaquia, que se situá "moi lonxe da media de 35,56 céntimos na UE".

Comparado con outras rexións produtoras de Galicia sofre un "panorama desolador", indica SLG nun comunicado, e sinala que "só hai sete países na Unión Europea con prezos medios por baixo dos 32 céntimos", 

En cambio, os prezos noutros países superan ese nivel, talles como Irlanda (39,04 céntimos), Holanda (37,25 céntimos), Italia (37,08 céntimos), Alemaña (37,16 céntimos), Austria (38,68 céntimos), Bélxica (35,69 céntimos), Dinamarca (37,93 céntimos) ou Francia (36'73 céntimos).

O SLG expresa a súa "indignación coas industrias, por forzar a que Galicia siga no furgón de cola de Europa en canto a prezo" e a súa "indignación coa Consellería de Medio Rural, que segue totalmente despistada sen facer absolutamente nada ante esta situación". 

Comentarios