O Estado inxectará 241 millóns de euros no grupo Hotusa

Este apoio financeiro permitirá ao grupo que preside Amanio López Seijas reforzarse para superar a pandemia
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Amancio López, presidente de Hotusa. EFE

A Sociedade estatal de participacións industriais (Sepi) inxectará 241 millóns de euros no grupo hostaleiro Hotusa con cargo ao fondo creado polo Estado para apoiar a compañías viables consideradas estratéxicas a afrontar o impacto da crise do covid no seu negocio.

O financiamento temporal solicitada polo grupo fundado polo chantadino Amancio López Seijas canalizarase a través dun préstamo participativo de 190 millóns e outro ordinario de 51. Esta inxección contribuirá a fortalecer o balance de Hotusa e a reforzar unha situación de caixa que o presidente considera "cómoda" a pesar do golpe da pandemia sobre o sector.

Nunha entrevista coa axéncia Efe a semana pasada, López Seijas asegurou que o grupo obterá beneficios en 2022, achegándose aos resultados prevocid —1.268 millóns de facturación e unhas ganancias de 68 millóns en 2019— e superándoos en 2023. A paralización da actividade polo covid fixo que o grupo pechase o ano pasado con perdas por primeira vez nas súas máis de catro décadas de historia.

Dono da cadea Eurostars, conta con 213 hoteis propios en 19 países e en 2019 tiña 4.085 empregados. A súa división de servizos turísticos dispón ademais de máis de 4.300 hoteis asociados en todo o mundo, dos cales 1.567 están en España. Ademais de Eurostars, integra o consorcio de hoteis independentes Hotusa Hotels, o representante hostaleiro Keytel e a central de reservas Restel.

Culminará este ano con strong<> 22 novos hoteis. Acaba de desembarcar en Bulgaria e estrear unhas cinco estrelas en Budapest.

Comentarios