Sargadelos supera o concurso de acredores

O grupo márcase agora o reto de elevar as vendas para devolver a débeda reestruturada
La serie sobre O Apalpador, una de las novedades de la firma
photo_camera La serie sobre O Apalpador, una de las novedades de la firma

Cerámicas do Castro e Cerámicas de Sargadelos lograron sacar este mércores adiante o seu convenio concursal co respaldo da maioría dos acredores. O grupo márcase agora o reto de elevar as vendas para devolver a débeda reestruturada, que rolda os cinco millóns de euros tras a aplicación de quitas sobre un pasivo total de preto de sete millóns de euros.

O prazo de pago acordado cos acredores oscila entre os cinco e os doce anos.

Nunha rolda de prensa en Santiago, o conselleiro delegado, Segismundo García, explicou que o plan de negocio comprende o lanzamento de novos produtos, a especialización das plantas de Cervo e Sada e a venda do edificio que acolle a Galería Sargadelos na rúa Nova de Santiago e da sede do Instituto Galego de Información, ubidcada tamén na capital galega.

Tras anos en perdas, o grupo logrou pechar 2015 cun beneficio de 70.000 euros.

Comentarios