A renda por veciño no municipio galego máis rico triplica á do máis pobre

Oleiros e Toques son os extremos, cunha brecha de case 30.000 euros ► En Lugo o máis podente era Cervo e o menos, Samos
En Oleiros viven millonarios como Sandra Ortega o Pablo Isla. EP
photo_camera Oleiros. EP

Os ingresos que declaran ante o fisco os habitantes de cada municipio permiten situar no mapa cales son os concellos galegos cos veciños máis ricos e pobres e constatar a brecha que existe entre ambos os extremos: 29.685 euros de diferenza na renda media bruta na campaña do IRPF 2019, a última para a que existen datos.

Esa distancia —que se agrandou con respecto a un ano antes— é a que separaba ao concello cos veciños máis adiñeirados, de novo Oleiros con 43.866 euros en media, e o que concentra os veciños menos podentes, o de Toques (14.181), polo menos antes da irrupción da pandemia.

A estatística publicada este mércores pola Axencia Tributaria —que inclúe ás localidades con máis de 1.000 habitantes— revela que só dous municipios da comunidade se coan entre os 100 máis boiantes do país, nun ranking no que Pozuelo de Alarcón, en Madrid, recupera o podio (82.188 euros de media por contribuínte) que un ano antes perdera fronte a Matadepera, en Barcelona.

A primeira representación galega pona Oleiros, no posto 31. Entre os seus 35.500 residentes figuran persoas que amasan fortunas como a filla dos fundadores de Inditex, Sandra Ortega, ou o presidente do xigante da moda de Arteixo, Pablo Isla. No posto 45 está Cambre (40.774 euros), unha localidade da área metropolitana coruñesa con perfil residencial. O top 5 de concellos galegos con veciños máis ricos complétano Nigrán, A Coruña, Pereiro de Aguiar e Santiago.

Pola contra, os máis pobres son, logo de Toques, outros dous municipios ourensáns cunha poboación envellecida como Vilardevós e Riós e, tras estes, catro lucenses: Samos, As Nogais, O Páramo e Paradela, con rendas medias declaradas que oscilan entre os 14.969 e 15.480 euros. En cambio, os concellos da provincia cos contribuíntes máis podentes son Cervo (28.562) e Lugo (26.038).

Comentarios