sábado. 29.01.2022 |
El tiempo
sábado. 29.01.2022
El tiempo

Lugo, Cervo e Ribadeo, os tres municipios lucenses con máis renda por habitante

Ambiente en la Rúa Nova a principios de abril. VICTORIA RODRÍGUEZ
Ambiente na Rúa Nova de Lugo a principios de abril. VITORIA RODRÍGUEZ
Oleiros encabeza a lista  As sete grandes cidades concentran o 42%

Oleiros é o municipio galego que ten unha maior renda dispoñible por habitante, cun total de 22.959 euros en 2018, o que supón un 51,7 por cento máis que a renda media galega, situada en 15.132 euros.

A renda galega incrementouse un 3,64% nun ano, xa que en 2017 era de 14.600 euros, e as prestacións sociais supoñen xa case un terzo, o 31,5 por cento, da renda dispoñible bruta total de Galicia.

Segundo os datos da Renda municipal do sector fogares de 2018, publicado este venres polo Instituto Galego de Estatística (Ige), á parte de Oleiros outros seis municipios teñen unha renda media por habitante que supera en quince puntos ou máis a media galega.

Son A Coruña (18.934 euros), Santiago de Compostela (18.615) e Bergondo (18.134), na provincia coruñesa; Nigrán (Pontevedra), con 17.782 euros; Ourense (17.664) e As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), con 17.569 euros.

Os concellos de Teo (17.141 euros), Lugo (16.933) e Pontevedra (16.881) completan os dez concellos con máis renda por habitante. Na provincia de Lugo, logo da capital sitúanse Cervo (16.045) e Ribadeo (15.798).

Ademais, os concellos das sete cidades galegas concentran o 42% da renda, aínda que ten o 36% dos habitantes de Galicia.

RENDA POR HABITANTE

De feito, a renda total dos residentes en strong <>A Coruña e Vigo supón o 23 % do total da renda, e o 19,6 % da poboación.

Isto dá idea da concentración das actividades produtivas, xeradoras de renda e emprego, que actúan como elemento de fixación de poboación, destaca o Ige.

A Coruña lidera a clasificación por cidades, seguida de strong <>Santiago de Compostela, Ourense, Lugo, Pontevedra; Vigo, con 16.865 euros; e para rematar, Ferrol, con 15.134 euros.

Por provincias, tamén A Coruña sitúase na cabeza cunha maior renda dispoñible bruta, con 15.970 euros por habitante no ano 2018. Séguelle Pontevedra, con 14.722 euros; Lugo con 14.444 euros e, para rematar, a provincia de Ourense que ten a menor renda por habitante, con 14.076 euros. Nas catro provincias a renda sobe con respecto ao ano 2017.

A maioría dos municipios teñen como principal fonte de renda a remuneración de asalariados, un total de 216 concellos, o 69 por cento dos 313 existentes.

Desde o ano 2013 incrementouse o número de concellos cos salarios como principal fonte de renda, o que está "moi relacionado co incremento da actividade económica rexistrada en Galicia desde ese ano", segundo o Ige.

Pola contra, en 95 municipios, principalmente das provincias de Lugo e Ourense, as prestacións sociais son as que supoñen un maior volume de recursos, o que o Ige vincula co envellecemento da poboación destes concellos.

RENDAS MIXTAS. Aparte, a provincia de Lugo é a que rexistra un maior peso das rendas mixtas, procedentes do traballo non asalariado, que supoñen un 21,2 por cento, da renda dispoñible bruta en 2018.

Con todo, na provincia da Coruña destacan as rendas da propiedade, que supoñen o 5,5 por cento do total.

Na maioría dos concellos galegos as cotizacións sociais dos residentes son inferiores ás prestacións sociais recibidas. Así, en toda Galicia, as cotizacións pagas cobren só o 66,6 por cento das prestacións que reciben os galegos.

Só en oito concellos: Ames, Arteixo, Brión, Cambre, Culleredo, Oleiros, Oroso e Salceda de Caselas son maiores as cotizacións pagadas que as prestacións recibidas polos residentes.

No 2018 as prestacións sociais supoñen o 31,5 % da renda dispoñible bruta total de Galicia. Por municipios este peso é desigual, xa que nos máis envellecidos –os de Ourense e Lugo– as prestacións poden ser máis do 40 por cento da renda, mentres noutros, como Oleiros, non superan o 25 por cento.

PIB POR HABITANTE

En canto, aos municipios con máis PIB por habitante de Galicia, entre os quince primeiros só Cervo, As Pontes e Bergondo atópanse tamén entre os que teñen unha renda dispoñible por habitante superior á media galega.

Pero outros, como Carballeda de Valdeorras, Muras, Manzaneda, Vilariño de Conso ou Nogueira de Ramuín, non destacan en termos de renda media por habitante, a pesar de que neles se xera un valor engadido moi elevado pola explotación dun recurso natural, fundamentalmente mineiro ou enerxético.

Lugo, Cervo e Ribadeo, os tres municipios lucenses con máis renda...
comentarios