Renault estuda "con interese" a oferta de fusión de Fiat

O Goberno francés móstrase favorable á proposta

Grupo Renault. TOMS KALNINS (EFE)
photo_camera O grupo Renault disparouse en Bolsa tras concerse a oferta de fusión con Fiat. TOMS KALNINS (EFE)

O grupo Renault anunciou este luns que o seu Consello de Administración decidiu, tras reunirse nos arredores de París, estudar "con interese" a proposta de fusión recibida por parte do grupo Fiat Chrysler Automobiles (FCA).

"Tras revisar atentamente os termos desta proposición amigable, o Consello de Administración de Renault decidiu estudar con interese a oportunidade deste achegamento, que reforza a pegada industrial do Grupo Renault e xera valor adicional para a Alianza", sinalou o grupo nun comunicado.

O órgano reuniuse este luns, horas logo de confirmar que recibira unha proposta de fusión ao 50% de ambas as firmas por parte de Fiat Chrysler.

O presidente de Nissan Motor, o aliado de Renault en Xapón, Hiroto Saikawa, dixo estar "aberto ao diálogo" sobre as opcións de reforzar a alianza entre o fabricante Nissan e Renault tras a proposta de FCA

A empresa comunicou que dará máis información sobre as discusións "cando chegue o momento de informar o mercado dos resultados", de acordo ás leis e regulamentos correspondentes.

A portavoz do Goberno francés, Sibeth Ndiaye, indicou este luns que o Executivo foi informado da proposta e móstrase a favor sempre que as condicións da fusión sexan "favorables ao desenvolvemento de Renault e evidentemente aos seus traballadores".

Pola súa banda, o presidente de Nissan Motor, o aliado de Renault en Xapón, Hiroto Saikawa, dixo este luns estar "aberto ao diálogo" sobre as opcións de reforzar a alianza entre o fabricante Nissan e Renault tras a proposta de FCA.

De momento, segundo a prensa gala, o grupo xaponés estivo á marxe das conversacións, aínda que a cúpula da alianza conformada por Nissan, Renault e Mitsubishi prevé reunirse este mércores na sede do fabricante nipón en Yokohama (sur de Tokio) para "intercambiar opinións e manter un diálogo construtivo".

Na Bolsa de París, Renault gañaba un 15,10% ás 12.15 hora local (10.15 GMT).

Comentarios