Recambios Frain incorpora a súa sección de vestiario laboral á súa tenda online

A empresa prevé lanzar unha nova versión da web este ano 2020

Artigos de vestiario laboral á venda na tenda online de Recambios FrainCalzado, luvas, protección da cabeza, ocular, auditiva, respiratoria, elementos de suxección, accesorios... todo o que o profesional necesita para equiparse para o seu traballo pode adquirirse xa a través da tenda online de Recambios Frain, "a maior plataforma en España para talleres e tendas, en canto a número de referencias se refire". Segundo informou a compañía nun comunicado, a firma incorporou boa parte da súa gama de vestiario laboral á súa tenda virtual, de maneira que xa poden adquirirse comodamente a través de internet.

Na tenda online os profesionais poden atopar principalmente toda a gama de pneumáticos de Recambios Frain. De feito, o 50% dos pedidos da empresa son xerados xa pola plataforma, substituíndo rapidamente os pedidos tradicionais por unha metodoloxía cada vez máis implantada nos clientes.

Desde hai algún tempo, tamén se poden atopar outros artigos como son os filtros, os aceites, as graxas, os produtos de limpeza, baterías e outros moitos.

Este ano 2020 a empresa prevé lanzar unha nova versión da web, incorporando aínda máis produtos e servizos innovadores.
 

Comentarios