Ryanair pechará a súa web 12 horas entre o mércores e o xoves

Non se poderá facer o check-in online nin imprimir billetes durante ese período

Un avión de Ryanair. SASCHA STEINBACH (EFE)
photo_camera Un avión de Ryanair. SASCHA STEINBACH (EFE)

A páxina web e a aplicación móbil de Ryanair non estarán operativas desde as 18.00 horas deste mércores ata as 6.00 horas do xoves día 8 por mantemento.

Nestas doce horas, a compañía non deixará aos clientes facer o check-in online nin imprimir os seus billetes, polo que aconsella a aqueles que voen tanto o mércores 7 como o xoves 8 que fagan este martes os trámites. Ryanair aproveitará para mellorar a súa web durante o peche da mesma.

Comentarios