R amplía a súa cobertura de banda ancha no rural en 76 concellos con 5G

En Lugo son 46 os municipios englobados por este servizo. O operador de telecomunicacións chega a 278 núcleos de poboación de 86 concellos con fibra de Rede Aberta

 

Tablet - ordenador
photo_camera Un usuario consulta internet en su móvil y en su táblet. EP

O operador de telecomunicacións R amplía a súa cobertura de banda ancha no medio rural ao incluír a 76 novos municipios, de modo que os habitantes de 224 concellos das catro provincias teñen xa acceso a internet de alta velocidade.

Cando se complete o programa nos próximos meses, esta solución de internet 5G (a través de Mambo Axiña) terá capacidade para abarcar 300.000 inmobles que polas dificultades orográficas das súas contornas non poden ter acceso á fibra óptica. Os fogares e empresas cubertos que sexan clientes de R nestas áreas disporán de velocidades de ata 150 megas e, co sistema wifi 6 poderán facer uso de múltiples dispositivos á vez “coa máxima calidade”, segundo explica a compañía do grupo MásMóvil nun comunicado.

Os 46 municipios lucenses aos que chega a solución de internet rural con 5G  de R son: Abadín, Baralla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Cervo, Chantada, O Corgo, Cospeito, A Fonsagrada, Foz, Friol, Guitiriz, O Incio, Lourenzá, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Navia de Suarna, As Nogais, Ourol, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra do Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarín, Rábade, Ribadeo, Sarria, O Saviñao, Sober, Triacastela, O Valadouro, Vilalba, Viveiro e Xove

ACORDO CON REDE ABERTA. En paralelo, para ampliar máis o acceso á banda ancha, R selou un acordo co provedor galego almacenista de telecomunicacións Rede Aberta, que desprega unha rede ultrarrápida de fibra óptica por todo o territorio. A alianza cobre desde agora a 200.000 inmobles en 278 núcleos de 86 concellos das catro provincias. O seguinte obxectivo é alcanzar outros 30.000 edificios, pois Rede Aberta resultou adxudicataria do Plan Único de Banda Ancha 2023 para as provincias da Coruña e Pontevedra.

Comentarios