miércoles. 14.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 14.04.2021
El tiempo

A Policía Nacional rexistra as antigas plantas de Alcoa na Coruña e Avilés

Vista de la planta de A Coruña que Alcoa vendió al inversor suizo Parter Capital. KIKO DELGADO (EFE)
Instalacións da antiga Alcoa na Coruña. KIKO DELGADO (EFE)
Os axentes actúan por orde da Audiencia Nacional, tras unha denuncia interna por posibles irregularidades na súa venda

Axentes da Policía Nacional están a rexistrar desde primeira hora deste xoves por orde da Audiencia Nacional as instalacións de Alu Ibérica, antes de Alcoa, na Coruña e en Avilés (Asturias) tras unha denuncia interna por posibles irregularidades.

O operativo policial, no que traballan cen axentes da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (Udef), extendeuse nas últimas horas a oficinas de Madrid, Málaga e Castellón. En total, a operación inclúe once rexistros en domicilios de persoas físicas e xurídicas, entre eles os propios centros de produción e un despacho de avogados.

Ata as plantas da Coruña e Avilés, anteriormente propiedade de Alcoa, trasladáronse sobre as 9.00 horas varios furgóns policiais.

O presidente do comité de empresa da planta de Avilés, José Manuel Gómez de la Uz, explicou a Efe que os axentes pedíronlles aos traballadores das oficinas centrais que deixasen de traballar e están ao seu requerimento.

O rexistro estaría relacionado coa querela presentada pola Confederación de Cadros e Profesionais (CCP) contra Alcoa e outras 18 persoas físicas e xurídicas por supostas irregularidades na venda das plantas da compañía en Avilés e A Coruña, que poderían ser constitutivas de alzamento de bens e estafa, e que o pasado mes de decembro foi admitida pola Audiencia Nacional.

En 2019, Alcoa vendeu ao fondo de investimento suízo Parter Capital as plantas que tiña en Avilés e A Coruña, despois dun longo procedemento que arrincou a finais de 2018 cando a multinacional estadounidense anunciou a súa intención de pechar as dúas fábricas.

A compañía xustificou entón a súa decisión nos altos custos da electricidade en España, a necesidade de facer grandes investimentos e a difícil coxuntura nos mercados de aluminio.

Porén, Parter Capital non tardou en desprenderse das dúas plantas de Alcoa, que foron adquiridas polo Grupo Industrial Riesgo xa baixo a denominación de Alu Ibérica, sen informar previamente ao Ministerio de Industria nin aos gobernos autonómicos e a representación dos traballadores, que acusan ao novo propietario de carecer dun proxecto industrial solvente.

Segundo a CCP, que cifra en 688 o número de traballadores empregados nos centros da Coruña e Avilés, Alcoa tería engañado os sindicatos no marco da negociación do despedimento colectivo, iniciado a finais de 2018.

O escrito da querella relata o proceso de venda e conclúe que "los querellados han llevado a que la titularidad de las dos factorías termine en manos de empresas pantalla sin capacidad ni para llevar a cabo el plan de negocios, ni el del pago de los salarios, ni el de la inversión, con lo que se frustra el objetivo final de la negociación, la salvaguardia de los puestos de trabajo".

A titular do julgado Central de Instrución número 3, María Tardón, explicaba nun auto datado o pasado 12 de febreiro, polo que rechazaba o recurso de apelación dun querelado, que nun "momento procesalmente tan temprano" non é posible afirmar se houbo ou non feito delitivo, e que o que trata a instrución é precisamente "comprobar si se puede excluir definitivamente su existencia". 

No momento de desprenderse das plantas de Avilés e A Coruña, Alcoa argumentou que concentraría a produción de aluminio e alúmina na planta lucense de San Cibrao. Porén, posteriormente anunciou tamén a súa intención de desprenderse desta planta, e actualmente negocia a súa venda á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (Sepi). 

O comité da Coruña espera que o operativo contribúa a esclarecer "a verdade"
O presidente do comité de empresa de Alu Ibérica na Coruña, Juan Carlos López Corbacho, congratulouse polo operativo policial. Ás portas da fábrica, Corbacho —un do catro representantes sindicais despedidos pola empresa, xunto cunha traballadora— mostrouse confiado en que este operativo sexa "o principio do fin" ao que cualificou como un "engano" e unha "estafa", en relación á venda. 

Os traballadores, a pesar da presenza policial —con axentes no interior e outros tres e un coche policial no exterior das instalacións, traballaron este xoves na fábrica. Tamén manteñen, para as 17.00 horas, a concentración diaria no marco da folga indefinida polo despedimento dunha traballadora. 

"Hai máis motivos para celebrar que a Xustiza e ese saber a verdade está a funcionar", recoñeceu en declaracións aos xornalistas. En particular, espera que "as cousas empecen a esclarecerse" tras as denuncias formuladas polos sindicatos.

Corbacho aproveitou para volver pedir ás administracións estatal e autonómica que se estableza xa unha "folla de ruta" que dea garantías de futuro á fábrica e ao emprego. 

Comité de San Cibrao
O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, pediu "prudencia" ante a operación da Udef porque "é momento de deixar traballar á Policía e os xuíces". En todo caso, expresou o seu desexo de que se faga xustiza canto antes" porque os traballadores de ambas as plantas levan xa moitos anos loitando polo seu futuro.

"Desexámoslles o mellor aos nosos compañeiros da Coruña e Avilés", dixo Zan, quen espera que esta situación se resolva "da mellor forma posible para todos".

A Policía Nacional rexistra as antigas plantas de Alcoa na Coruña e...
comentarios